Particulares

Grandes Empresas

chámanos

Consumos facturados fóra da miña tarifa en R

As tarifas R de fixo ou móbil poden ter incluídos algúns tipos de consumos, pero non todos. Na túa factura verás o detalle de todos os consumos que se atopan fóra de tarifa.
Explicámosche que é cada un deles e como se facturan. Consultaaquí consellos para evitar consumos fóra da túa tarifa que che poidan dar unha sorpresa na factura.

Chamadas e SMS internacionais:

Son chamadas ou SMS que se fan dende España a outro país, dende o fixo ou dende o móbil. Se fas consumos internacionais adoito, podémosche ofrecer bonos internacionais e plans especiais para a túa tarifa de fixo ou móbil. Podes consultalos na nosa web en Tarifas oficiais
Outro tipo de mensaxes internacionais
Para a configuración ou actualización dalgunhas aplicacións, coma iMessage ou Facetime, o teléfono fai un envío automático dun SMS ao Reino Unido. Esta mensaxe poderá vir reflectida na túa factura coma o envío dun SMS internacional, aínda que no teu terminal non fica rexistrado.
Isto unicamente acontece con terminais que dispoñen deste tipo de aplicacións (Apple).
Mostrámosche como aparecen as chamadas no detalle de consumos:
 
Mostrámosche como aparecen os SMS no detalle de consumos: 

 

Números de tarificación especial:

Os números de rede intelixente non están vinculados a un territorio en concreto, por iso son elixidos polas empresas ou administracións para prestar servizo de atención no ámbito nacional. Identificaralos porque comezan por 800, 900, 901, 902, 904, 70X.  
Dependendo do servizo, teñen unha tarificación especial, agás os que comezan por 800 e 900, que son gratuítos. Cada vez que chames a estes números, escoitarás unha locución que che indica que estes números teñen custo fóra da túa tarifa.  
Podes consultar o seu custo nas nosas Tarifas oficiais. Así é como cho presentamos na factura:

 

Servizos de tarificación adicional:

Os números de tarificación adicional adoitan utilizarse para participar en concursos, servizos de entretemento ou outros servizos profesionais. Estes números inclúen, ademais do custo habitual da chamada, unha cantidade adicional como pagamento polos servizos recibidos.
Identificarás estes números porque empezan por: 803 / 806 / 807 / 905 / 907 e 118X. Podes consultar o custo destas chamadas nas nosas Tarifas oficiais 
Na factura detállanse por unha banda os consumos xerais e, por outra, os consumos de tarificación adicional. Baixo este detalle de servizos de tarificación adicional indícanse os distintos custos e que o importe facturado nestas chamadas é a suma do importe correspondente á comunicación de voz e o importe que corresponde ao provedor do servizo.  
Así aparece na factura: 

 

SMS e SMS Premium:

O SMS son servizos propios dos teléfonos móbiles que permiten enviar mensaxes de texto curtas entre dous dispositivos. Non están incluídos na tarifa móbil, polo que se facturan por separado do seguinte xeito:
Os SMS Premium son números curtos dirixidos xeralmente á participación en sorteos ou recadación de fondos con fins solidarios. Algúns inclúen, ademais do custo habitual do SMS, unha cantidade adicional como pagamento polos servizos recibidos que depende do provedor dos servizos, aínda que na factura só verás o importe total. Na factura valo ver diferenciado deste xeito, co nome do provedor do número:  

 

 

Roaming:

O servizo roaming permíteche realizar chamadas mentres estás no estranxeiro. Antes de saíres ao estranxeiro, comproba que teñas activado o teu servizo roaming na Área de cliente R e consulta as tarifas de chamadas dende o teu destino no noso buscador de países  
Na factura, no detalle de consumos da liña coa que fixeras os consumos, verás reflectidos dous conceptos diferentes:  
Roaming Recib: chamadas recibidas estando no estranxeiro.
Roaming Salient: chamadas feitas estando no estranxeiro. 
Para activares ou desactivares o servizo roaming na túa liña, accede á vista de produtos na túa área de cliente. Na liña que queres modificar, preme na opción “Configurar”.  
No menú “Mobilidade” atoparás a opción “Roaming”. Poderás activar o servizo só para chamadas ou para chamadas e datos, segundo as túas necesidades.  
No caso de que queiras bloquear algúns destes servizos, non dubides en chamar ao noso teléfono gratuíto de Atención ao Cliente e axudámosche.

¿Esta resposta foi útil para ti?

moitas grazas! Témolo en conta.

Ou podes escribirnos en redes sociais