Particulares

Autónomos e Empresas


Grandes Empresas

Particulares

chámanos

ES


GL

R - LAYOUT - RESI - LOGO
R - LAYOUT - RESI - LOGO
R - LAYOUT - RESI - LOGO SMALL
axudaárea cliente
900 825 868

Información sobre DAZN en R

En R podes contratar DAZN e desfrutar de fútbol e do mellor deporte do motor. Explicámosche que opcións tes dispoñibles en DAZN e como activar a túa conta.

Que é DAZN e que inclúe con R?

DAZN é unha plataforma de streaming dispoñible a través de R que che permite ver os mellores contidos de deporte en directo ou á carta a través da app de DAZN no teu descodificador 4K ou desde calquera dispositivo con conexión a internet.

As modalidades dispoñibles son dúas: DAZN Premium e DAZN Motor. Permítenche gozar de todo o contido dispoñible en DAZN e de contidos deseñados especialmente para os afeccionados á velocidade.

Ademais, podes contratar con R o Pack Fútbol (LaLiga) e ver a través das canles do noso descodificador 4K fútbol de Primeira División.

A través de que dispositivos podo ver DAZN se o contrato en R?

En case calquera dispositivo con conexión a internet: no decodificador 4K de R (Android TV), móbiles, tabletas, televisores intelixentes (que se conecten a internet), videoconsolas (PS4 e Xbox One), Google Chromecast, Apple TV e Amazon Fire TV.

Como podo contratar DAZN con R?

Podes contratar DAZN en R elixindo a modalidade que máis se adapte ás túas necesidades coa túa tarifa de fibra e móbil.

O cargo pola subscrición incluirase na túa factura R.

Para poder acceder a DAZN necesitarás activalo primeiro a través da túa Área Privada de R vía web ou desde a túa app móbil de R.

Necesito contratar os 2 produtos de DAZN para ver LaLiga en R?

Non, son produtos independentes. Podes contratar DAZN Motor ou contratar DAZN Premium , que xa inclúe o contido de DAZN Motor máis LALIGA EA SPORTS (5 partidos por xornada durante 35 xornadas), Premier League, Liga F, Serie A italiana e Bundesliga.

Que deportes se poden ver en DAZN ao telo contratado con R?

DAZN ten 2 produtos cos cales poderás gozar do mellor deporte e tamén da liga Española.

  • DAZN Motor:

É un plan deseñado especificamente para os afeccionados á velocidade incluíndo: Fórmula 1 (F1) con todas as carreiras, MotoGP con todas as carreiras das categorías MotoGP, Moto2, Moto3 e MotoE, coas súas respectivas sesións de adestramentos e clasificación. Tamén inclúe outras competicións de MotorWorld Superbike (WSBK). NASCAR. DTM (Campionato Alemán de Turismos). FIA World Rally Championship (WRC).

  • DAZN Premium:

É o plan máis completo de DAZN que inclúe absolutamente todo o contido deportivo dispoñible en DAZN, incluíndo LALIGA EA SPORTS (5 partidos por xornada durante 35 xornadas), Premier League, Liga F, Serie A italiana y Bundesliga

 

Canto custa DAZN en R?

  • DAZN Motor

    ten un prezo de 19,99€ ao mes.

  • DAZN Premium

    custa 31,99€ ao mes.

 

A subscrición ao servizo de DAZN ten permanencia en R?

O servizo como tal NON ten permanencia en R e poderás darte de baixa cando queiras.

 

Como podo activar o meu servizo de DAZN en R? 

Unha vez que realices a contratación de DAZN con R, debes comezar o proceso de activación para crear a túa conta e gozar de todos os seus contidos.

Para iso, recibirás un SMS e un MAIL cunha ligazón á túa Área Privada de R, onde atoparás un botón para activar a túa subscrición

DAZN R 1.png GL

 

Unha vez lle deas a “Activar”, serás dirixido á web de DAZN

e, dende aí, debes seguir uns sinxelos pasos para crear a túa conta, mediante o rexistro do teu correo electrónico e creación do contrasinal

dazn 2.png GL

 

Se desexas conservar un usuario que xa tiñas en DAZN antes de contratar en R, é imprescindible que a conta asociada a ese usuario estea previamente dada de baixa. Se é así, pulsa “Iniciar Sesión”, no canto de “Crear Conta”.

Tras completar os pasos anteriores e darlle a “Continuar”, aparecerá unha nova xanela que che mostrará a data de inicio da túa subscrición con DAZN. Deberás pulsar “Comezar subscrición” e todo estará preparado para que comeces a gozar dos mellores contidos de deportes.

dazn 3.png GL

DAZN

enviarache un mail de benvida e na súa app mostraranche o plan contratado e a data de inicio.

dazn 4.png GL

Como podo cambiar o meu plan de DAZN con R?

É moi sinxelo. Simplemente entra na túa Área de cliente de R e fai o  cambio de modalidade para escoller o plan que mellor se adapte a ti en R.

DAZN R 2.png GL

Esquecín o meu contrasinal de DAZN e teño o servizo contratado en R

Se non lembras o contrasinal da túa conta con DAZN, non te preocupes. Podes restablecer o acceso de xeito moi doado. Tan só tes que entrar na túa Área de cliente de R, premer na ligazón que te leva directamente á web de DAZN e seguir os pasos. 

 

DAZN R 3.png GL

  • Despois de pulsar o botón anterior e xa na Web de DAZN, indica o teu correo electrónico e solicita que che manden a ligazón para cambiar o contrasinal. Lembra revisar a túa bandexa de spam.

dazn 7.png GL

  • No correo recibido, pulsa “Restablece o contrasinal”, escribe o novo contrasinal e solucionado: sigue gozando de DAZN!

dazn 8.png GL

Como podo dar de baixa de DAZN se son de R? 

Para darte de baixa de DAZN tendo o servizo contratado a través de R, só tes que acceder á Área de cliente de R e seguir as indicacións.

Ou podes escribirnos en redes sociais

o máis buscado

fibra 1Gb, móbil ∞, Total TV, Netflix e Disney+fibra 500Mb, móbil ∞, TV e Netflixmóvete 50 GB: fibra, móbil con 50GB e fixofibra 1 Gb + fixo

© R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. 2026

Mapa webInfo LegalPolítica de privacidadeAviso legalPolítica de CookiesCalidade de servizoPlataforma de resolución de conflictosCanle de Ética

© R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. 2026

Mapa webInfo LegalPolítica de privacidadeAviso legal
defaultLayout.trustImageAltdefaultLayout.trustImageAlt