chámanos

ES

GL


Autónomos e Empresas


Particulares

Roaming: información esencial

Que é o Roaming?

O Roaming é o servizo que che permite falar e usar datos fóra de España. Xa que logo, para poderes usar o móbil no estranxeiro, precisas ter o  Roaming activado e a opción de “itinerancia de datos” activada no móbil.  
  • Se viaxas á Unión Europea (UE) e países asociados, non é necesario activar o Roaming, xa que o prezo do tráfico de chamadas e datos nestes países estabelécese segundo as condicións da túa tarifa nacional, é dicir, non terás custos adicionais por utilizar os datos, nin por enviar ou recibir chamadas e mensaxes a países dentro desta zona (Unión Europea e países asociados). 
    Suxeito a limitacions de uso de roaming no Espazo Económico Europeo, o uso de datos da túa tarifa pode ter unha pequena diferenza. Indicámoscho nesta páxina.
  • Se viaxas fóra da Unión Europea (UE) e países asociados, debes activar o roaming na túa liña.  Recomendámosche que o busques no noso buscador de países para saber que servizos tes dispoñibles (Voz, SMS e Datos) nese país e as súas tarifas. Non che podemos prestar o servizo de datos en todos os países de fóra da Unión Europea e asociados.
Antes de viaxar, aconsellámosche verificar se tes ou non o roaming activado con R e consultar no buscador de países os prezos para falar e navegar no país ao que vas viaxar. 

Marcho ao estranxeiro. Que teño que facer para poder chamar ou navegar no meu móbil?

Se queres usar o móbil nun país da Unión Europea  
  1. Non é necesario activar o Roaming. 
  2. Comproba que tes a itinerancia de datos activada. 
    o    En Android, adoita estar en Axustes - Redes móbiles / Axustes - Máis…- Redes móbiles / Axustes - Máis opcións… - Redes móbiles.    
    o    En iPhone: Axustes - Datos móbiles 
  3. Selección de operador automática
  4. Cando chegues ao país de destino, o móbil conéctase automaticamente, non tes que facer nada. 
  5. Ten en conta que o prezo do tráfico de chamadas e datos nestes países estabelécese segundo as condicións da túa tarifa nacional, é dicir, non terás custos adicionais.
Se queres usar o móbil nun país de fóra da Unión Europea (Roaming):
  1. Consulta no noso buscador de países  que servizos tes dispoñibles (Voz, SMS e Datos) nese país e as súas tarifas. Non che podemos prestar o servizo de datos en todos os países de fóra da Unión Europea e asociados. 
  2. Comproba que tes o Roaming activado
  3. Comproba que ten a itinerancia de datos activadaitinerancia de datos activada
    o    En Android, adoita estar en Axustes - Redes móbiles / Axustes - Máis…- Redes móbiles / Axustes - Máis opcións… - Redes móbiles.    
    o    En iPhone: Axustes - Datos móbiles
  4. Selección de operador automática 
Se prefires non usar o móbil no estranxeiro:
Podes desactivar o Roaming(coidado, con esta opción non poderás usar nin voz, nin datos).    
Tamén tes a posibilidade de desactivar  só os datos no teu móbil e conectarte cunha rede wifi no teu destino, dese xeito poderás facer e recibir chamadas. Lembra que, se estás fóra da Unión Europea, estas chamadas supoñen cargos adicionais.    
Sigue estes pasos para desactivar os datos móbiles: 
•    En Android: Adoita estar en axustes-redes móbiles- operadores de rede / axustes-máis-redes móbiles- operadores de rede.    
•    En iPhone: Axustes – operador. 
Lembra que o uso de datos inclúe, por exemplo, o envío/recepción de WhatsApp, a consulta en redes sociais ou a procura en mapas, á parte da navegación por Internet, entre outros.  
Aquí tes exemplos do que pode supor este uso:
•    Revisar o teu muro de Facebook durante 1 minuto: 1 MB    
•    Compartir 3 fotos en Instagram: 1 MB    
•    Unha canción en Spotify: entre 2 e 9 MB    
•    WhatApp – 1 audio de 1 minuto: 6 MB
Se queres coñecer as tarifas de roaming en R premeaquí.

Cal é o meu límite de datos se viaxo a un país da Unión Europea e asociados segundo a miña tarifa?

A UE fixa o prezo regulado do GB grosista e a posibilidade de estabelecer un límite de GB calculado en función do prezo por GB que teña a tarifa. O cálculo de máximo faise do seguinte xeito:    
[Cota mensual Tarifa sen IVE / Prezo máximo GB (1,55 € dende xaneiro de 2024)] * 2    
Por exemplo, se a túa tarifa é de 10 GB e o prezo sen IVE é de 7,44 € disporías de 9,6 GB.    
[7,44/1,55]*2=9,6 

Ou podes escribirnos en redes sociais