O teu smartphone non é só unha ferramenta, garda momentos únicos, como fotos e mensaxes, pero tamén che dá acceso a moitas aplicacións moi útiles no teu día a día, como a banca online ou o correo electrónico. Por iso, perdelo ou que cho rouben pode ser un momento complicado e actuar rápido é fundamental para protexer os teus datos.
O máis urxente é bloquear o teu cartón SIM para que ninguén poida facer uso da liña ou aceptar mensaxes de autenticación no teu nome. Contacta con Atención ao cliente e axudámosche.
Se máis tarde o atopas, non pasa nada, avísasnos e desbloqueámosche o cartón para que poidas seguir usándoo.
En caso de roubo, precisarás un duplicado do teu cartón SIM. Ao solicitalo, anúlase o cartón anterior e enviámosche un novo ao teu domicilio ou, se prefires, podes acudir a unha tenda R e xestionámoscho no momento.
Podes solicitar o bloqueo do teu teléfono para que ninguén o poida utilizar
Podemos solicitar o bloqueo do teu móbil para que ninguén máis o poida usar en ningún outro operador nacional. Para facelo, é imprescindible que presentes unha denuncia ante a Policía.
Se estás interesado nun novo teléfono, podes acceder ás nosas ofertas de Renove na web.
o máis buscado
outros servizos
enlaces de interese
axuda e contacto
© R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. 2025
Mapa webInfo LegalPolítica de privacidadeAviso legalPolítica de CookiesCalidade de servizoPlataforma de resolución de conflictosCanle de Ética© R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. 2025
Mapa webInfo LegalPolítica de privacidadeAviso legal