Particulares

Grandes Empresas

chámanos

Contratei o servizo de MAX, como creo unha nova conta ou vinculo outra que xa teño?

Esta mensaxe indica que xa existe unha conta MAX co enderezo de correo electrónico que introduciches.
Conta atopada
A pantalla de conta atopada ten dúas opcións.
      Opción 1: Verificar o enderezo de correo electrónico (vincular contas) 
      Esta opción vincula a conta que introduciches coa subscrición a MAX que che imos proporcionar nós.
      
      Tras elixires esta opción, recibirás un correo electrónico cun código dun só uso. Deseguido, introdúceo e despois de rexistrarte e vincular a túa conta a facturación de          MAX será connosco.
      

Non recibiches o correo electrónico?
Se non recibes o correo electrónico «Aquí tes o teu código dun só uso», fai o seguinte:
•    Busca en todos os cartafoles da túa caixa de entrada un correo electrónico de MAX (incluídos os teus cartafoles de Promocións e Correo non desexado).
•    Elixe o botón Reenviar código dun só uso na pantalla de introdución do código e volve revisar o teu correo electrónico.
•    Revisa o enderezo de correo electrónico que aparece na parte superior da pantalla de introdución do código.
 
É importante que teñas presente que se a túa conta existente tiña unha subscrición activa se poden dar estes 2 casos:
•    Que se facture con método de pagamento mediante cartón de crédito - Cancelaremos a subscrición por ti.
•    Que se facture a través doutro operador ou con Google ou Apple - Non poderemos cancelar a subscrición por ti. Terás que cancelar con eles a túa subscrición para evitar que se che cobre dúas veces.
      Opción 2: Crear unha nova conta (non vincular contas) 
      Esta opción crea unha nova conta de MAX (non vincularemos coa conta existente que atopamos). Tras elixires esta opción, pediráseche que introduzas un enderezo de       correo electrónico diferente. 

 

¿Esta resposta foi útil para ti?

moitas grazas! Témolo en conta.

Ou podes escribirnos en redes sociais