Particulares

Autónomos e Empresas


Grandes Empresas

Particulares

chámanos

ES


GL

R - LAYOUT - RESI - LOGO
R - LAYOUT - RESI - LOGO
R - LAYOUT - RESI - LOGO SMALL
axudaárea cliente
900 825 868

Chamadas a través de Wi-fi ou VoWiFi: móbiles compatibles en R e como activalo

VoWiFi, ou Voz sobre Wifi, é un servizo que permite facer e recibir chamadas desde o teu móbil a través de calquera conexión Wifi, sen necesidade de ter cobertura móbil. É especialmente práctico en lugares onde o sinal móbil é débil ou inexistente, como sotos, plantas baixas ou interiores de grandes edificios.

En resumo, calquera rede Wifi dispoñible á túa ao redor actuará, para estes efectos, como unha antena da rede móbil de R.

 

Que móbiles son compatibles co VoWiFi de R?

A continuación, indicámosche os terminais móbiles compatibles coa chamadas Wifi en R:

  • iOS:

    todos modelos Apple a partir do IPHONE 5S, ademais dos modelos iPhone SE e iPhone Air.

  • Android:

    Consulta os modelos de terminais Android a través do seguinte botón.

 

boton vo wifi r.png gal

 

 

Que teño que facer para utilizar poder chamar con Wi-fi en R?

Os requisitos para gozar do servizo VoWiFi son dispoñer dun smartphone compatible con VoWiFi e ter VoLTE activado no móbil. Ademais, dependendo do terminal do que dispoñas, terás que realizar algunha configuración nos axustes.

  • Se tes un iPhone:

O servizo é gratuíto e moi fácil de usar. Non tes que contratar nada, e está dispoñible sen custo adicional para os nosos clientes. Dependendo do modelo e da última actualización do software podes atopalo nun lugar ou outro. Estas son algunhas das localizacións máis frecuentes:

  1. Dentro do menú do teu iPhone, podes ter que ir aos apartado "Axustes", e na sección “Teléfono" para aí activar a opción “Chamadas por Wi-fi”.

vowifi 1 gal

⚠️ Importante: se non atopas a opción “Chamadas por Wi-Fi” no menú do teu móbil, debes actualizar o teu iPhone a iOS 9.3 ou a unha versión posterior. En calquera caso, é recomendable manter sempre o teu smartphone actualizado coa última versión do sistema operativo disponible.

 

 

  1. Dependendo do modelo, podes ter que ir aos apartado "Axustes", e na sección “Datos móbiles”, seleccionar a liña que consideres en caso de ter varias e unha vez aí activar a opción “Chamadas por Wi-fi”.

 

vowifi 2 gal

vowifi 3 gal

Poida que o servizo tarde uns minutos en activarse completamente no teu dispositivo. Para confirmar a correcta activación e dispoñibilidade, no indicativo de cobertura da túa terminal, aparecerache o texto "Wi-Fi R" na pantalla de bloqueo.

En pantalla principal, o SPN (Nome do Operador) aparecerá “Wi Fi” despois do nome do operador:

vowifi 4 gal

  • Se tes Android

En función do modelo pódese acceder ás opcións de Chamadas Wi-Fi a través de localizacións diferentes.

  • Podes activar o servizo desde a barra de axustes rápidos, na súa propia icona de "Chamadas Wi-fi"

vowifi 5 gal

Tamén podes facelo seleccionando “Axustes”, “Conexións” e unha vez aí “Chamadas Wi-fi”.

vowifi 6 gal

En calquera caso, é necesario que actives o servizo baixo cobertura Wi-fi.

Para confirmar a correcta activación e dispoñibilidade de Chamadas Wi-fi, aparecerá a seguinte icona na barra de notificacións do teu móbil:

vowifi 7 gal

Tamén aparecerá no menú de marcación, cando vaias realizar unha chamada, para que poidas chamar por Wi-fi:

vowifi 8 gal

De calquera xeito, a localización variará en función do terminal e modelo, e da versión do software. A continuación, uns exemplos orientadores. Pode estar en “Axustes” / ”Axustes de chamadas”.

vowifi 9 gal

 

Podo utilizar calquera rede para chamar por Wifi en R?

Poderás conectarte a calquera rede Wi Fi, independentemente do operador que a proporcione; non é necesario que sexa de R. Iso si, deberás estar conectado a esa rede. No caso de redes Wi Fi privadas, necesitarás o contrasinal, igual que cando accedes a un router doméstico para ter conexión a internet.

Algunhas redes Wi Fi, como as corporativas de certas empresas ou as dalgúns hoteis, poden restrinxir o tráfico da internet para determinados servizos. Se te atopas con algún problema nestas contornas, o recomendable é contactar co administrador da rede da túa empresa ou do hotel.

O servizo necesita un mínimo de ancho de banda para funcionar correctamente. Noutras palabras, funcionará sen inconvenientes salvo que a rede wifi á que esteas conectado estea moi saturada.

 

A que números de teléfono podo chamar con VoWiFi en R?

Podes chamar a calquera número, móbil ou fixo. Non é necesario que o teu interlocutor dispoña de aplicacións específicas instaladas, nin fai falta que estea conectado a unha rede Wi-fi. Así mesmo, poderás recibir chamadas en cobertura Wi-fi desde calquera número.

 

Debo ter unha tarifa especial en R para utilizar VoWiFi?

O servizo está dispoñible sen custo adicional para todos os nosos clientes con móbil de R. Lembra, iso si, ter un móbil compatible.

 

Canto custan a chamadas Wi-fi e como as vexo na miña factura de R?

As chamadas que realices en R con Wi-fi cobraranse como unha chamada normal, segundo a túa tarifa. Se tes un bono de minutos descontaranse dos minutos deste. Se tes chamadas ilimitadas, dispoñerás tamén de chamadas ilimitadas en chamadas Wi-fi. Por iso, estas chamadas aparecerán como chamadas normais na túa factura.

En caso de realizar chamadas internacionais, cobraranse como unha chamada internacional normal, ou descontaranse do bono de chamadas internacionais se o incluíse a túa tarifa ou se o tiveses contratado

Os números de tarificación especial cobraranse tamén igual que se os fixeses utilizando en cobertura móbil en lugar de cobertura #Wi-fi.

En ningún caso se che descontarán megabytes do bono de datos da túa tarifa.

 

Podo utilizar en R o VoWiFi tamén no estranxeiro?

Non. Por agora o servizo VoWiFi en R só está dispoñible en redes Wi-fi de España.

 

Podo facer chamadas de emerxencia con cobertura Wi-fi?

Si, podes realizar chamadas de emerxencia en España mesmo se estás a usar Wi-fi; nese caso, a chamada xestionarase automaticamente a través da rede móbil dispoñible (2G/3G) para garantir o seu correcto funcionamento.

 

As chamadas por Wi-fi son compatibles con todos os meus servizos de R?

Si, aínda que o ton de espera non che funcionará se estás conectado a unha rede Wi-fi co servizo Chamadas Wi-fi activo. Si che funcionará sempre que non esteas conectado á Wi-fi e desactivases o servizo Chamadas Wi-fi.

 

Funcionan as chamadas por Wi-fi de R mellor que as chamadas desde aplicacións tipo WhatsApp, Teams, Viber, etc.?

O servizo Chamadas Wi-fi de R garante a calidade das chamadas, sempre que a rede Wi-fi cumpra uns requisitos mínimos de ancho de banda e estabilidade. Non percibirás retardos, nin ecos molestos, nin cortes nas chamadas. Ademais, as chamadas entre móbiles R son en alta definición se tes un móbil compatible.

E, como indicabamos máis arriba, é sinxelo, non tes que instalar ningunha aplicación, e podes chamar a calquera destino. Por outra banda, as chamadas de aplicacións tipo WhatsApp consomen o bono de datos do interlocutor se este non está conectado a unha rede Wi-fi e requiren que o receptor da chamada teña a aplicación tamén instalada.

Con VoLTE, utilízase a mesma rede de datos 4G para a chamada, mediante Voz sobre IP (VoIP), con calidade garantida, ao contrario que este tipo de aplicacións que non garanten a calidade da voz.

 

Son seguras a Chamadas wifi de R?

Ao viaxar encriptadas pola rede, as chamadas Wi-fi de R son igual de seguras que as chamadas realizadas con cobertura móbil.

 

Como podo dar de baixa en R o VoWiFi?

Se non vas usar este servizo, só o tes que desactivar nos axustes do teu móbil.

 

Vexo as opcións de chamadas Wi-fi no meu terminal, actívoas e recibo unha mensaxe de erro.  Que sucede?

Se no teu móbil aparece a opción de activar as chamadas wifi, significa que o terminal é compatible co servizo de R. Se ao activala recibes ao cabo dun intre unha mensaxe de erro indicando incompatibilidade, pode deberse a que acabas de darte de alta ou a que cambiaches hai pouco a un terminal compatible. Nese caso, o servizo estará dispoñible nos próximos días.

Se non queres que a mensaxe de erro siga aparecendo durante ese período de espera, podes desactivar temporalmente a opción.

Ou podes escribirnos en redes sociais

o máis buscado

fibra 1Gb, móbil ∞, Total TV, Netflix e Disney+fibra 500Mb, móbil ∞, TV e Netflixmóvete 50 GB: fibra, móbil con 50GB e fixofibra 1 Gb + fixo

© R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. 2026

Mapa webInfo LegalPolítica de privacidadeAviso legalPolítica de CookiesCalidade de servizoPlataforma de resolución de conflictosCanle de Ética

© R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. 2026

Mapa webInfo LegalPolítica de privacidadeAviso legal
defaultLayout.trustImageAltdefaultLayout.trustImageAlt