Particulares

Autónomos e Empresas


Grandes Empresas

Particulares

chámanos

ES
GL
R - LAYOUT - RESI - LOGO
R - LAYOUT - RESI - LOGO
R - LAYOUT - RESI - LOGO SMALL
axudaárea cliente
900 825 868

Como exercer os teus dereitos en R?

Como cliente de R tes unha serie de dereitos recoñecidos pola normativa de protección de datos. Estes dereitos permítenche ter control sobre a información que compartes con R e decidir como se utiliza.

A continuación, explicámoste en que consisten algúns destes dereitos, pero tes toda a información no apartado Dereitos en Protección de Datos da web de R.

🔹 Dereito de acceso en R

Podes pedirnos que te informaremos de que datos temos sobre ti, para que os usamos, durante canto tempo os conservamos e con quen podemos compartilos

 

🔹 Dereito de supresión en R

Podes solicitar que eliminemos os teus datos cando xa non sexan necesarios para a finalidade para a que se recolleron, se retiras o teu consentimento ou se se trataron de forma indebida.

Nalgúns casos non poderemos borralos inmediatamente. Este dereito só se poderá executar se non mantés ningunha relación con R, é dicir, se xa non tes servizos activos e facturamos e cobramos todos os cargos pendentes.

 🔹 Dereito de rectificación en R

Se algún dos teus datos é incorrecto, está incompleto ou cambiou, podes pedirnos que o actualicemos ou modifiquemos. Por exemplo: cambio de enderezo, teléfono, conta bancaria, ou corrección de erros tipográficos.

 

🔹 Dereito de oposición en R

Tes dereito a opoñerte ao tratamento dos teus datos cando se utilicen con fins comerciais ou de mercadotecnia. Se exerces este dereito, deixaremos de tratar os teus datos en R para esas finalidades.

Como exercer os teus dereitos en R?

Consulta na nosa web o apartado Dereitos en Protección de Datos de R, no que poderás descargar un modelo de persoal e envialo por correo electrónico ao correco electrónico docu@mundo-r.net

Tamén podes enviar un escrito a R mediante correo postal a r/ Real 85, 7ª planta 15003 A Coruña.

O prazo máximo para recibir resposta é de 1 mes.

Ou podes escribirnos en redes sociais

o máis buscado
fibra 1Gb, móbil ∞, Total TV, Netflix e Disney+fibra 500Mb, móbil ∞, TV e Netflixmóvete 50 GB: fibra, móbil con 50GB e fixofibra 1 Gb + fixo

© R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. 2026

Mapa webInfo LegalPolítica de privacidadeAviso legalPolítica de CookiesCalidade de servizoPlataforma de resolución de conflictosCanle de Ética

© R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. 2026

Mapa webInfo LegalPolítica de privacidadeAviso legal
defaultLayout.trustImageAltdefaultLayout.trustImageAlt