chámanos

ES

GL


Autónomos e Empresas


Particulares

dereitos en protección de datos

Seguidamente, informámoste do significado de cada un dos dereitos que a lexislación en materia de protección de datos che asigna, e facilitámosche información para que poidas solicitárnolos dunha forma áxil e sinxela para ti, á vez que segura.
Podes exercer calquera destes dereitos enviando un correo electrónico a docu@mundo-r.net ou ben un correo postal a Rúa Real 85, 7.º 15003 A Coruña. Con carácter xeral:
Se non es cliente, bastará con que nos indiques o dereito que queres exercer e algún dato que nos permita localizar os datos persoais aos que te refires, e se precisásemos algo máis indicarémoscho.
Se es cliente, podes usar os formularios que incluímos en cada tipo de Dereito para que che sexa máis sinxelo; debes indicarnos o teu nome e número de DNI, e enviarnos a solicitude dende a conta de correo electrónico que nos facilitaches como vía de contacto contigo, para que poidamos estar seguros de que es ti. Podes consultar cal é ese enderezo ou modificalo dende o teu espazo privado de cliente ou a través do noso servizo de atención ao cliente. Se nolo envías por correo ordinario, contestarémosche ao enderezo onde che estamos prestando os servizos, polo mesmo motivo.
Nalgún caso, relacionado co dereito de rectificación e con Guías de Abonados, ímosche pedir que nos achegues algunha documentación a maiores, polo que che recomendamos que consultes primeiro a información de detalle do dereito que queiras exercer.
En caso de actuar como representante legal, deberás enviarnos copia do documento que recolla a representación legal e copia do DNI do representante, no caso de que non nolo facilitaras previamente.
Na Política de Privacidade de Clientes ou na Política de Privacidade de Usuarios que están accesibles na nosa web tes información das categorías de datos persoais que tratamos en cada proceso, así como información de detalle destes. Ademais, se es Cliente, no teu espazo privado atoparás a maior parte dos datos que tratamos sobre ti e poderás consultalos e mesmo rectificalos.
No caso de que queiras acceder a outra información ou a un detalle maior, poderás facelo exercendo o teu dereito de Acceso.
Lembra que este dereito é persoal e que só poderá exercelo o titular dos datos solicitados. O que no caso das gravacións de chamada inclúe que só o titular da voz poderá solicitar acceso, a condición de que teñamos forma de autenticar que esa voz se corresponde con quen solicita o dereito.
Cando recibamos a túa solicitude, no prazo de 1 mes informarémoste sobre a aceptación ou denegación da túa petición. Ou, se a solicitude fose moi complexa para nós, este prazo podería ampliarse aos 3 meses.
Mediante este dereito poderás solicitarnos que eliminemos os datos persoais que sobre a túa persoa esteamos a tratar no momento da solicitude.
Lembra de que, no caso de que sexas ou foras cliente, non podemos suprimir os teus datos ata que a relación contractual entre nós finalice completamente e poidamos regularizar a información nos nosos sistemas. O que, en termos xerais, supón que ata que non se pagara a última factura e pasados tres meses para asegurar que aínda podes reclamala facilmente e que non se producen devolucións non se producirá a supresión dos teus datos.
Pasado este prazo, suprimiremos os teus datos sen necesidade de que o solicites, salvo aqueles necesarios para enviarche comunicacións comerciais de produtos e servizos similares aos contratados (datos identificativos, de contacto, produtos e servizos contratados), que seguiremos usando durante 12 meses con esa finalidade exclusiva; salvo que te opuxeras ou te opoñas en calquera momento a recibir este tipo de comunicacións. De ser así, suprimiremos tamén estes datos en canto nolo solicites vía un dereito de oposición ou de supresión.
Informámoste de que a supresión dos teus datos se producirá cumprindo co recollido no artigo 32 da Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais: “… “… na identificación e reserva dos mesmos, adoptando medidas técnicas e organizativas, para impedir o seu tratamento, incluíndo a súa visualización, excepto para a posta a disposición dos datos aos xuíces e tribunais, o Ministerio Fiscal ou as Administracións Públicas competentes, en particular das autoridades de protección de datos, para a esixencia de posibles responsabilidades derivadas do tratamento e só polo prazo de prescrición das mesmas”. E unicamente se producirá o borrado completo dos mesmos cando finalicen os prazos de prescrición indicados.
Cando recibamos a túa solicitude, no prazo de 1 mes informarémoste sobre a aceptación ou denegación da túa petición. Ou, se a solicitude fose moi complexa para nós, este prazo podería ampliarse aos 3 meses.
Mediante o exercicio deste dereito indicarásenos que non desexas que se traten os teus datos para finalidades baseadas no noso interese lexítimo, como pode ser a realización de comunicacións comerciais a clientes.
TLembrámosche que como cliente podes xestionar como desexas que nos poñamos en contacto contigo a nivel comercial a través do teu espazo privado de cliente, dunha forma máis inmediata e sinxela, ou a través do noso servizo de Atención ao Cliente. En todo caso, podes exercer igualmente este dereito pola vía informada ao comezo desta páxina.
Para non clientes que estean a recibir comunicacións comerciais telefónicas, poden exercer o seu dereito a oporse a recibir estas comunicacións mediante as seguintes vías:
  • Apuntándose en listaxes de exclusión publicitaria que figuren na web da Axencia Española de Protección de Datos.
  • Indicándoo expresamente na chamada recibida. En caso de indicalo e de que a túa petición non se faga efectiva no prazo de 1 mes, por favor contacte coa nosa Delegada de Protección de Datos no enderezo dpd@mundo-r.net.
  • Exercendo o dereito de oposición polas vías informadas ao comezo desta páxina, indicando o número ou números nos que non queres recibir comunicacións comerciais.
Cando recibamos a túa solicitude, no prazo de 1 mes informarémoste sobre a aceptación ou denegación da túa petición. Ou, se a solicitude fose moi complexa para nós, este prazo podería ampliarse aos 3 meses.
Mediante este dereito poderás retirarnos o consentimento prestado para todos ou algún dos tratamentos que realizamos en base ao teu consentimento, como certos tipos de comunicacións comerciais, perfilado, uso de datos de tráfico, etc.
Se es cliente, lembrámosche que podes xestionar como desexas que nos poñamos en contacto contigo a nivel comercial a través do teu espazo privado de cliente e que datos podemos usar nesas comunicacións, dunha forma máis inmediata e sinxela, así como a través do noso servizo de Atención ao Cliente. En todo caso, podes exercer igualmente este dereito pola vía informada ao comezo desta páxina.
Se non es cliente, precisamos que, ademais da información para localizarte, nos indiques o consentimento ao que fas referencia (por exemplo, deixei os meus datos nun formulario da web), e se precisásemos algo máis indicarémoscho.
Cando recibamos a túa solicitude, no prazo de 1 mes informarémoste sobre a aceptación ou denegación da túa petición. Ou, se a solicitude fose moi complexa para nós, este prazo podería ampliarse aos 3 meses.
Mediante este dereito poderás comunicarnos cambios nos datos persoais que esteamos a tratar de ti, ou corrixir erros nos mesmos.
Se es cliente, lembrámosche que podes realizar certos cambios nos teus datos directamente no teu espazo privado de cliente dun xeito máis rápido e sinxelo, ou a través do noso servizo de Atención ao Cliente. En todo caso, podes exercer igualmente este dereito pola vía informada ao comezo desta páxina, mais para certos cambios precisamos que achegues tamén a documentación que acredite a licitude do cambio: copia do DNI para modificacións relativas a nome ou número de DNI (salvo que sexa claramente corrección dun erro, como erros tipográficos no nome), ou acreditación de titularidade de conta bancaria e mandato SEPA asinado se o que desexas é modificar a conta bancaria de domiciliación dos teus recibos.
Cando recibamos a túa solicitude, no prazo de 1 mes informarémoste sobre a aceptación ou denegación da túa petición. Ou, se a solicitude fose moi complexa para nós, este prazo podería ampliarse aos 3 meses.
  • Dereito de inclusión: Que o meu número apareza en Guías

    Mediante esta petición indicarasnos como cliente o teu desexo de figurar en repertorios telefónicos e guías de abonados. De forma que os teus datos serán cedidos á CNMC coa finalidade exclusiva de que os responsables destes servizos teñan acceso aos mesmos para a súa publicación.

    Para iso, debes encher o formulario incluído, achegar unha copia do teu DNI (en caso de actuar por medio dun representante legal, é necesario achegar copia do DNI do representante, así como o documento que recolla a representación) e enviárnolo.

    Descargar o formulario de dereito de inclusión
  • Dereito de exclusión: Xa non quero seguir aparecendo en Guías

    Mediante esta petición indicarasnos como cliente que cesemos no envío dos teus datos persoais ás guías telefónicas e aos servizos de información sobre números de abonados ou ben que manteñamos o envío de datos mais que eliminemos algunha das liñas telefónicas que foron enviadas. Lembrámosche que, salvo que nolo solicitaras explicitamente, non enviamos datos dos nosos clientes para a súa inclusión en Guías de abonados.

    Para iso, bastará con que sigas o procedemento xeral indicado ao comezo desta páxina.

    Descargar o formulario de dereito de exclusión
  • Dereito de exclusión publicidade: Aparecer en Guías, mais sen chamadas comerciais

    Mediante esta petición, un cliente indicaranos que desexa que os seus datos incluídos en guías e repertorios telefónicos non poidan ser utilizados con fins de publicidade e prospección comercial. Neste caso, os teus datos serán cedidos á CNMC coa finalidade exclusiva de que os responsables destes servizos teñan acceso aos mesmos para a súa publicación.

    Para iso, debes encher o formulario incluído, achegar unha copia do teu DNI (en caso de actuar por medio dun representante legal, é necesario achegar copia do DNI do representante, así como o documento que recolla a representación) e enviárnolo.

    Descargar o formulario de dereito de exclusión de publicidade
Cando recibamos a túa solicitude, no prazo de 1 mes informarémoste sobre a aceptación ou denegación da túa petición.
Mediante esta petición, un cliente ou cliente potencial indicaranos que debemos deixar de tratar os seus datos, mais sen eliminalos, coa finalidade de que poida xestionar algún tipo de reclamación sobre o tratamento realizado, impugnar a súa exactitude ou cando, exercendo o seu dereito de oposición a un tratamento, aínda esteamos a avaliar a súa solicitude.
Cando recibamos a túa solicitude, no prazo de 1 mes informarémoste sobre a aceptación ou denegación da túa petición. Ou, se a solicitude fose moi complexa para nós, este prazo podería ampliarse aos 3 meses.
Mediante esta solicitude, un cliente ou usuario indicaranos que desexa que lle facilitemos a el ou ela, ou directamente a outro responsable do tratamento, os datos persoais referentes a el que tratamos en base á relación contractual mantida ou a un consentimento expresado por este, nun formato informático estruturado de uso común.
Lembra que deste dereito quedan exceptuados os datos persoais que tratemos por algún tipo de obriga legal á que estamos suxeitos, como a lei de conservación de datos, ou aqueles que infiramos en base a análises propias dos teus datos. Ademais, en caso de transferencia directa a outro responsable, lembra que primeiro deberás contactar con el, posto que non ten obriga algunha en recibir estes datos.
Por último, tamén lembra que este dereito se refire exclusivamente a datos persoais, e que para poder realizar unha portabilidade numérica asociada ao cambio de provedor de servizos de telecomunicación existe unha lexislación específica e debes dirixirte ao provedor receptor para darte de alta, sendo este o que che xestionará connosco a portabilidade.
Cando recibamos a túa solicitude, no prazo de 1 mes informarémoste sobre a aceptación ou denegación da túa petición. Ou, se a solicitude fose moi complexa para nós, este prazo podería ampliarse aos 3 meses.

queres contratar?

asesorámoste gratis

de luns a venres de 9 a 21h e sábados de 9 a 14h.

chámanos al

900 825 868

chamámoste

c2c.popup.callTitle2

En R imos tratar os teus datos para informarche dos nosos servizos, en relación con esta solicitude ou no futuro, ata que nos retires o teu consentimento. Podes exercitar os teus dereitos con docu@mundo-r.net.
Máis info
aquí.
se xa es cliente,
chámanos ao
1449
operator

queres contratar?

asesorámoste GRATIS

operator

queres contratar?

asesorámoste  GRATIS