Dende o módulo “SIM” como autorizado de empresa podes realizar 3 accións para cada liña móbil dos teus empregados:
Cando se introduce un código PIN erróneo 3 veces seguidas o teu SIM móbil R fica automaticamente bloqueado. Para desbloquealo, precisas o código PUK do teu cartón SIM. Este é un código de 8 cifras que unha vez introducido desbloqueará o teu cartón SIM.
Na opción As miñas liñas do teu Portal de Autoxestión, selecciona a liña do empregado e no módulo SIM atoparás o detalle do código PUK.
Cando xa teñas o código PUK, deberás teclealo no menú de chamadas do teu móbil co SIM bloqueado:
**05*PUK*novoPIN*novoPIN#

Tamén podes conseguir o teu PUK
No soporte de plástico no que recibiches o teu cartón SIM. É o número de 8 cifras que se atopa á dereita do PIN.
Na opción As miñas liñas do teu Portal de Autoxestión, selecciona a liña do empregado e no módulo SIM atoparás a función “Bloqueo ou desbloqueo de Multi SIM”, como autorizado poderás seleccionar calquera dos cartóns SIM que a liña teña asociados e premendo no compoñente desprazable que aparece á dereita, bloqueas ou desbloqueas o cartón SIM.
Esta opción é a mellor maneira de actuar se o teu empregado extravía ou lle rouban o teléfono. Bloquea a liña canto antes para minimizar o dano nestes casos.
Para que o teu empregado poida seguir utilizando a liña de empresa, cómpre un duplicado de cartón SIM. Acude ao punto de venda máis próximo, consulta o noso localizador de tendas. E se non dispós de punto de venda na túa localidade, chama 900 815 825 e contacta co teu xestor persoal.
Lembrámosche que:
Se o cambio do teu cartón é debido a perda ou roubo e bloqueaches previamente a liña de R para impedir o seu uso indebido: após activar o teu novo cartón SIM debes desbloquear a liña para que volva funcionar con normalidade.
o máis buscado
outros servizos
enlaces de interese
axuda e contacto
© R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. 2025
Mapa webInfo LegalPolítica de privacidadeAviso legalPolítica de CookiesCalidade de servizoPlataforma de resolución de conflictosCanle de Ética© R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. 2025
Mapa webInfo LegalPolítica de privacidadeAviso legal