OLA!
Vimos de despregar na zona na que vives a fibra max, unha nova rede de fibra óptica de última xeración que substitúe á que utilizamos ata agora.
Dado que a antiga rede se vai desactivar, se non realizamos o cambio da actual rede á nova ao longo deste mes que vén, non poderemos seguir prestándoche os servizos de telecomunicacións.
Tanto a nova tecnoloxía como o equipamento son totalmente gratuítos, sen compromisos para ti; e poden permitir velocidades de ata 10 xigas simétricos. Ademais, o servizo de wifi da fibra max ofrece a máxima cobertura e un decodificador 4K para a TV.
Nos próximos días intentaremos contactar contigo outra vez para explicarche como realizar o cambio a fibra max. Tamén podes poñerte en contacto con nós para concertar unha cita e que os nosos técnicos fagan o cambio canto antes chamando ao:
Se non completamos o paso do teu domicilio á nova rede teremos que dar de baixa o servizo (sen penalizacións asociadas, iso si) na data que che indicamos antes. E se actualmente dispós de liñas de móbil con tarifas vantaxosas por seres cliente de internet, pasarán a ter o prezo de tarifa oficial ao non estar xa conectado o teu fogar á nosa nova infraestrutura de fibra óptica.
Oxalá que iso non suceda e que continúes confiando en R, porque queremos seguir ofrecéndoche as nosas telecomunicacións avanzadas durante moito máis tempo.
Grazas por confiar en nós.