Quen vai tratar os datos
R Cable e Telecable Telecomunicacións S.A.U. con domicilio social en C/Real 85. 15003 A Coruña. CIF: A-15474281 tratará os datos das persoas de contacto dentro da relación coa empresa á que representen. En ocasións este tratamento realizarase en conxunto con Euskaltel S.A. que ten domicilio social no Parque Tecnolóxico, Edificio 809. 48160 Derio. CIF: A-48766695 como Corresponsables do tratamento
Ambas as empresas subscribiron un contrato de Corresponsabilidade que regula as obrigacións de cada parte en relación co tratamento conxunto de datos persoais, que resumidamente asigna á empresa coa que se asina o contrato de servizos a responsabilidade de dar resposta a todos os dereitos dos interesados, mentres que ambas as empresas conxuntamente son responsables da seguridade do tratamento e dos medios asignados ao mesmo. A información detallada sobre a corresponsabilidade atópase sempre actualizada na nosa web:
https://mundo-r.com/gl/politica-privacidade/acordos-grupo
A información sobre aqueles tratamentos nos que hai Corresponsabilidade e nos que o Responsable único será R, figurarán sempre claramente identificados na información de Protección de Datos dos contratos de servizo así como na nosa web.
Información necesaria e actualizada
Para a correcta prestación dos servizos e o mantemento da relación contractual co noso Cliente é necesario que os datos que nos facilite dos seus representantes ou contactos empresariais sexan correctos e se manteñan actualizados. R empresas non se fai responsable do tratamento ilexítimo de datos persoais de persoas físicas facilitadas pola Empresa, sendo responsabilidade desta comunicar de xeito fidedigno calquera cambio nos datos dos seus representantes ou contactos, así como de informar aos seus empregados e/ou colaboradores cuxos datos nos facilite a información sobre os tratamentos que R empresas realizará dos seus datos contida nesta Web.
R empresas non se fai responsable da comunicación de datos da Empresa Cliente a persoas non autorizadas por esta, cando sexa causada pola comunicación errónea ou non actualización correcta dos datos de contacto facilitados por esta.
Calquera cambio na información facilitada pola Empresa deberá ser comunicada o máis axiña posible.
En canto aos datos utilizados nos rexistros de usuarios en Web/App ou noutros servizos dixitais que a Web de R empresas puidese chegar a prestar, como Blogs, foros de debate, etc, lémbrase aos usuarios que deben facilitar en todo momento información verídica, prohibíndose o uso de alias ou medios para ocultar a súa identidade.
Datos que tratamos
Nesta Política de Privacidade atoparás unha táboa identificando cada un dos tratamentos de datos persoais que realiza R empresas en relación cos seus clientes ou clientes potenciais, así como a información detallada de cada un deles: finalidade, base lexitimadora, comunicacións de datos a terceiros, transferencias internacionais e prazos de conservación.
Con carácter xeral cúmprese, para todos os tratamentos o seguinte:
-
Comunicación de Datos: Con carácter xeral, R empresas non cederá datos persoais a terceiros salvo que exista unha obriga legal, como as que se inclúen na Lei 25/2007 de conservación de Datos ou a referida aos servizos de emerxencias (112), e que supoñen a comunicación de datos a administracións ou organismos públicos como Facenda Pública, Xuíces e Tribunais, Comisión Nacional dos mercados e a competencia. Tamén terán acceso aos datos persoais os prestadores de servizos que para dar o servizo contratado precisen acceder a eles. Con carácter xeral, estes prestadores dedícanse aos sectores de sistemas de información e tecnoloxía, atención ao cliente, soporte experto e consultoría. Na táboa adxunta figurarán aquelas comunicacións de datos a terceiros específicas dalgún dos tratamentos.
-
Transferencias internacionais de datos: R empresas non realiza transferencias de datos persoais fóra do Espazo Económico Europeo.
-
Prazo de conservación de datos: Seguindo as obrigas recollidas no artigo 32 da Lei Orgánica 3/2018 de Protección de Datos Persoais e Garantía de dereitos dixitais (LOPDeGDD), unha vez finalizado o prazo de tratamento dos datos estes permanecerán bloqueados, adoptándose as medidas técnicas necesarias para garantir que o Responsable non os tratará para finalidade algunha, incluíndo a súa visualización, salvo para a súa posta a disposición de Xuíces e Tribunais, Ministerio Fiscal ou Administracións Públicas competentes, así como a atención a reclamacións, polos prazos legais que determine cada normativa que resulte de aplicación.
Información detallada dos tratamentos realizados con Corresponsabilidad
Finalidade do tratamento | Base legal | Destinatarios | Prazo de conservación |
---|
Manter o contacto co cliente para prestar os servizos contratados e atender dúbidas e reclamacións derivadas da prestación do servizo feitas en nome da entidade representada.
|
Interese lexítimo para manter o contacto coas entidades que representa para a prestación do servizo (art. 19 LOPDeGDD).
|
Os datos poden ser cedidos a:
- O banco onde se domicilie a factura (Cargo directo SEPA).
- No caso de financiamento de terminais ou dispositivos, a entidade coa que financien.
Estes son os sectores dos prestadores destes servizos: distribuidores e comercializadores de servizo, instaladores e técnicos de mantemento.
|
Durante a relación contractual.
Os datos de contratación e facturación 8 anos tras o fin da relación contractual coa fin de cumprir obrigas legais.
Os datos relativos á Lei 25/2007 de conservación de datos manteranse 12 meses dende a súa xeración.
|
Creación dun perfil de solvencia do Cliente para o que se poderán consultar datos dos administradores da Empresa en canto a débedas vencidas co Responsable, ficheiros de protección de identidade e detección da fraude (Hunter), sistemas de información crediticia e ficheiros de solvencia patrimonial negativa.
|
Interese lexítimo para comprobar a solvencia patrimonial e determinar se se cumpre a política de prevención da fraude de R empresas. Os datos poderanse inscribir no sistema Hunter de prevención de fraude.
|
Os datos serán cedidos á Asociación Española de Empresas contra a Fraude, dentro do sistema Hunter ao que o Responsable está adherido. En ningún caso se facilitarán datos de persoas físicas a ficheiros de solvencia patrimonial negativa en canto a débedas do Cliente empresa ao que representen ou do que sexan administradores.
|
Os perfís de solvencia conservaranse durante a relación contractual. Os datos no sistema Hunter manteranse durante 1 ano e 5 anos os potencialmente fraudulentos.
|
Xestionar reclamacións relacionadas coa facturación dos servizos que a entidade que representas ten contratados.
|
Interese lexítimo para contactar coa entidade representada para recobro de facturas pendentes.
|
Os prestadores de servizos de recobro tamén teñen acceso aos datos.
| Ata o pagamento da débeda. |
Prestación de servizos da Web e/ou App de Clientes: rexistro, adaptación de contidos, xestión de solicitudes, etc.
Máis información na Política de Cookies.
|
Consentimento a través do rexistro de usuario nos citados recursos dixitais.
| |
Ata que se xestione a baixa do usuario ou unha vez finalice a relación contractual coa Empresa Representada.
Os datos gardaranse bloqueados durante 1 ano para a defensa ante reclamacións presentadas polos usuarios.
|
Tratamentos para os que R é Responsable exclusivo do tratamento
Finalidade do tratamento | Base legal | Destinatarios | Prazo de conservación |
---|
Envío de comunicacións comerciais de servizos similares aos contratados polo Cliente, así como información sobre eventos, sorteos, invitacións etc.
|
Interese lexítimo para facerlle chegar a información comercial á empresa representada.
|
Poderán acceder aos datos as empresas de telemarketing que realizan as campañas.
|
Os datos poderán ser utilizados ata que o interesado se opoña, ou:
- Ata finalizar o contrato para vías non electrónicas.
- Ata 12 meses tras finalizar o contrato para vías electrónicas (SMS/correo electrónico).
|
Envío de comunicacións comerciais de empresas do Grupo MASMOVIL ou terceiros cos que temos acordos.
|
Interese lexítimo para xestionar o Consentimento en nome da Empresa representada e para facerlle chegar a esta a información comercial.
|
Poderán acceder aos datos as empresas de telemarketing que realizan as campañas.
Sempre se poderán consultar as empresas das que poderás recibir información comercial na sección Empresas do Grupo e outros terceiros da nosa Web.
|
Os datos poderán ser utilizados ata que o interesado se opoña, ou:
- Retire o consentimento en nome da empresa.
- Pasados 2 anos tras finalizar a relación contractual.
|
Envío de información comercial a non Clientes, así como invitacións a eventos, información sobre R empresas, etc.
|
Interese lexítimo para xestionar o Consentimento en nome da Empresa representada e para facerlle chegar a esta a información comercial.
|
Poderán acceder aos datos as empresas de telemarketing que realizan as campañas.
|
Os datos poderán ser utilizados ata que o interesado se opoña ou retire o consentimento en nome da empresa.
|
Sistema Hunter
Para protexer o Cliente e a compañía de posible fraude na contratación, o Responsable está adherido á Asociación Española de Empresas contra a fraude, cuxos membros son corresponsables do tratamento dos datos do sistema Hunter xunto con esta. Os datos dos representantes da empresa Cliente achegados na contratación por esta serán comparados con datos doutras solicitudes de servizos de telefonía que figuren no sistema, exclusivamente para detectar a existencia de información potencialmente fraudulenta. De ser así, realizarase un estudo manual pormenorizado da solicitude e os datos serán incluídos como tales no ficheiro, onde poderán consultalos as entidades do sector das telecomunicacións adheridas, cuxa listaxe pode consultarse en www.asociacioncontraelfraude.com.
Os representanes do cliente poden exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación, oposición, portabilidade ou limitación ao tratamento dos seus datos ante a Asociación Española de Empresas contra a Fraude, dirixíndose ao Apartado de Correos 2054, 28002 MADRID, a través do envío dunha solicitude asinada e acompañada de fotocopia do seu documento identificativo.
Exercicio de dereitos
As persoas físicas titulares dos datos persoais tratados teñen unha serie de dereitos, cuxo detalle e forma de exercelos podes ver nas seccións específicas da nosa Web:
-
dereito de acceso aos seus datos persoais para saber cales están a ser obxecto de tratamento e as operacións de tratamento levadas a cabo con eles;
-
dereito de rectificación de calquera dato persoal inexacto;
-
dereito de supresión dos seus datos persoais, cando isto sexa posible;
-
dereito a solicitar a limitación do tratamento dos seus datos persoais cando a exactitude, a legalidade ou a necesidade do tratamento dos datos resulte dubidosa; nese caso poderemos conservar os datos para o exercicio ou a defensa de reclamacións.
-
dereito de oposición ao tratamento dos teus datos persoais, cando a base legal que nos habilite para o seu tratamento das indicadas na táboa arriba incluída sexa o interese lexítimo. A Sociedade deixará de tratar os seus datos salvo que teña un interese lexítimo imperioso ou para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións.
-
dereito a revogar o teu consentimento en calquera momento.
Poderás exercitar os teus dereitos en calquera momento e de forma gratuíta dirixindo un correo electrónico a dpd@mundo-r.net indicando o dereito que desexas exercitar e os teus datos identificativos.
Se considerases que non tratamos os datos persoais adecuadamente poderás contactar co Delegado de Protección de Datos no enderezo dpd@mundo-r.net. Por outra banda, informámoste de que tes dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos se consideras que se cometeu unha infracción da lexislación en materia de protección de datos a respecto ao tratamento dos teus datos persoais.