chámanos


ES

GL

Particulares

Autónomos e Empresas


Grandes Empresas

Particulares

internet R: tarifas de fibra sen móvil

ofertas de R coas mellores tarifas de fibra

oferta internet estudantes

20

‘00

€/mes

12 meses. despois 34.00€/mes.

fibra de 300 Mb de velocidade

fibra 1 Gb + teléfono fixo

29

‘00

€/mes

prezo final

fibra de 1 Gb de velocidade

fixo + chamadas ilimitadas

por que contratar internet con R?

Vector (42)

velocidade máxima con 5G

Goza da velocidade 5G no teu móbil e da fibra súper rápida en todo o país. Esforzámonos por seguir mellorando para que poidas navegar sen preocupacións.
ic trust

preocupámonos por ti

Queremos que o cambio sexa o máis sinxelo posible. Adaptámonos ao teu horario para realizar a instalación e estamos dispoñibles para o que precises.
ic save money

aforra, sen máis

Non che cobramos por cousas innecesarias, mantemos as nosas tarifas sinxelas para que deixes de preocuparte pola túa factura e concentrarte nas cousas importantes.

engade o mellor entretemento e deportes

agora podes engadir o mellor entretemento con Netflix e Prime á túa tarifa de fibra + móbil GB infinitos + TV, ou gozar dos mellores deportes (LaLiga EA SPORTS, Fórmula 1®, a Premier League, MotoGP™) con DAZN. E todo ao mellor prezo!
Imagen o video

tarifas fibra + fixo

fibra
chamadas
€/MES

300Mb

e liña fixa

ilimitadas

-

20,00

12 meses, luego 34,00

1Gb

e liña fixa

ilimitadas

a fixo e móbil

29,00

fibra R: preguntas frecuentes

cando comezamos a dar servizo en R, hai máis de 20 anos, o servizo que todo o mundo tiña en casa era o teléfono fixo. En R decidimos empezar a ofrecer servizos empaquetados e lanzamos os nosos famosos combos R: o combo 1, o combo 2, o combo 3 e o combo R. É dicir, fomos o primeiro operador en lanzar varios servizos agrupados, segundo as necesidades de cada cliente, a un mellor prezo. Uns querían só o fixo, outros fixo e internet, tamén había quen quería a tele. Sóache? Pois en definitiva iso son os combos R, só que hoxe en día a base dos nosos combos é internet por fibra.
si. A instalación da fibra de R é gratis. Ademais, poñerémosche un router wifi sen custo. Ou ben un deco Android 4K se solicitaches o servizo de televisión. E, no caso de que contrates tamén móbil, o envío das tarxetas SIM tampouco tería custo para ti. A cambio, só che pedimos que esteas connosco un tempo moi reducido para, deste xeito, poder asumir parte do custo da instalación e do traballo do técnico. No caso de que te deras de baixa antes desa permanencia mínima, trasladaríaseche o custo da instalación: 229,9€ IVE incluído (non prorrateable).
tentamos ofrecer tarifas con prezos finais, porque cremos que é máis sinxelo: como cliente, xa sabes o que vas pagar e a factura non cambia pasados uns meses. Agora ben, nalgúns combos R si podes gozar de promocións puntuais. Nestas ofertas R o que facemos é darche algún servizo sen custo durante un tempo para que o probes (ben máis velocidade na internet ou algunha opción de televisión). A cambio, podemos solicitarche unha permanencia concreta. E lembra que esta promoción é temporal, polo que pasado un tempo cobraríase o prezo normal.
como dicimos en Galicia, “cada un conta a feira segundo como lle foi”. É dicir, ninguén mellor que ti e a experiencia que tes connosco para valorar o servizo de R. O que si nos gustaría deixar claro é o traballo que facemos para tentar diferenciarnos doutros operadores:
  • contamos con rede propia de fibra. Levamos 25 anos despregando rede fibra en Galicia, chegando a municipios onde ninguén antes levara a fibra e tratando de levar internet de alta velocidade a cuantos máis galegos mellor.
  • o que máis valoran os nosos usuarios é a atención ao cliente e o servizo técnico de R. É algo que sempre tentamos coidar moito, que se necesitas algo teñas unha atención personalizada, con alguén que vive preto de ti e trate de axudarche.
  • queremos que teñas o mellor servizo. A innovación é unha constante en R, por iso actualizamos a nosa rede de fibra, para sexa a máis avanzada de Galicia e permita seguir ofrecendo máis velocidade no futuro. Pero, por enriba de todo, somos prácticos. Sabemos que para ti é importante ter un bo wifi, por iso instalamos un router con wifi 6, o máis avanzado do mercado. Do mesmo xeito, todos os nosos clientes de móbil contan con cobertura e velocidade 5G. E para os que queren televisión, instalamos un deco con Android 4K, para que non só teñas as mellores canles de televisión, senón que goces da mellor experiencia grazas a internet (Netflix, Prime Vídeo, DAZN…).
ademais dos combos R, tamén contamos cun pack de fibra e fixo (sen móbil). Do mesmo xeito, sabemos que non todo o mundo necesita internet en casa, polo que en R tamén dispoñemos de tarifas de só móbil. En definitiva, non é obrigatorio contratar un combo R con fibra e móbil, senón que podes facelo de forma separada.
en R dispoñemos da mellor cobertura de fibra e móbil de Galicia. Levamos 25 anos despregando rede propia de fibra en Galicia e levando internet de alta velocidade por centos de concellos galegos. No relativo á cobertura móbil, ampliamos as antenas para que goces de velocidade 5G en case todo o territorio galego. Ademais, como sabes, temos acordos con diferentes operadores para darche a mellor cobertura móbil en toda España e cando viaxes ao estranxeiro, para estar sempre conectado.
os combos de R teñen internet simétrico. É dicir, terás fibra coa mesma velocidade de subida (upstream) que de descarga (downstream). Agora mesmo, as velocidades de fibra de R son dúas: 300 megas simétricos ou ben 1 Gb simétrico. Son conexións da internet perfectas para quen necesita un bo servizo de banda ancha ou ben para usuarios que necesiten teletraballar, que manden moitos arquivos ou teñan moitos dispositivos en casa conectados ao wifi. Estas velocidades simétricas da internet están condicionadas á cobertura, que xa está dispoñible en case toda Galicia.
en R sabemos que é fundamental que, unha vez que solicitas o servizo da internet, o proceso sexa o máis rápido e áxil posible. Os prazos de instalación de fibra que adoitamos manexar son estes:
  • 5 días desde a firma do contrato no caso de que se non hai portabilidade do teléfono fixo (dariámosche un número novo).
  • 14 días de máximo se traes a R o número de teléfono fixo que tes noutro operador (é dicir, se realizas unha portabilidade).
un dos puntos que máis coidamos en R é o noso servizo técnico. En R contarás cun soporte personalizado. Cando nos chames, terás á túa disposición un técnico en Galicia que che axudará en todo o que necesites e coa amabilidade que che mereces. Ademais, sabemos que non todos os usuarios teñen o mesmo nivel de coñecementos, co que trataremos de facerche as cousas sinxelas. En definitiva, que terás a alguén que se vai a preocupar de solucionar calquera incidencia que teñas porque para nós é prioritario que goces do teu servizo.

comproba cobertura de fibra en R

queres contratar?

asesorámoste gratis

de luns a venres de 9 a 21h e sábados de 9 a 14h.

chámanos al

900 825 868

chamámoste

c2c.popup.callTitle2

En R imos tratar os teus datos para informarche dos nosos servizos, en relación con esta solicitude ou no futuro, ata que nos retires o teu consentimento. Podes exercitar os teus dereitos con docu@mundo-r.net.
Máis info
aquí.
se xa es cliente,
chámanos ao
1449
operator

queres contratar?

asesorámoste GRATIS

operator

queres contratar?

asesorámoste  GRATIS