Grazas por elixires R para ser o teu operador móbil!
O proceso de alta é moi sinxelo. Unha vez que elixas a túa tarifa poderás facer a túa solicitude a través da nosa web, por teléfono ou nunha tenda R. Porémonos a preparar o teu pedido e xestionar a alta para que comeces a gozar da túa liña móbilR canto antes.
Podes contratar a túa liña móbilR a través de calquera destas vías:
Poderás recoller o teu cartón SIM e terminal nunha tenda R ou, se o desexas, enviarémoscho ao teu domicilio, como prefiras.
O tempo que tardarás en comezar a gozar da túa liña dependerá do que solicites:
Depende de se pediches un número novo ou se vés co teu número de sempre:
A portabilidade é o proceso que che permite manter o teu número ao cambiares de operador. Contámosche todo o que precisas saber:
Ao solicitares a portabilidade con R, a baixa da liña móbil co teu antigo operador realízase automaticamente, non tes que facer nada.
O tempo mínimo para realizar a portabilidade é de 2 días laborables, pero se queres un prazo maior tamén o podemos solicitar. Enviarémosche unha mensaxe coa data e a hora na que se producirá a mudanza a R.
Mentres dura o proceso de portabilidade podes seguir usando o teu móbil de forma normal, pero a partir da mudanza só poderás utilizar o teu teléfono co noso SIM.
A portabilidade móbil adóitase facer entre as 2:00 e as 6:00 horas da madrugada para minimizar calquera interrupción. Insire no teu móbil o novo SIM de R á primeira hora da mañá e xa terás o servizo activado.
A facturación da túa nova liña R comezará dende o momento no que se complete a portabilidade e poidas gozar da túa liña móbilR.
Non, a portabilidade a R é totalmente gratuíta. Queremos facilitar que poidas vir connosco e gozar da tarifa que elixas, mantendo o teu número de sempre se así o desexas.
Se cambias de idea, podes cancelar a portabilidad. Só tes que poñerte en contacto co operador ao que solicitaches o cambio (novo operador) antes das 14:00 h do día anterior a que se faga efectiva.
Se a túa alta era con R pero cambiaches de idea, podes chamarnos ao 1449 ou cubrir o seguinte formulario de cancelación de portabilidade a R.
Se che acontece iso, fai as seguintes comprobacións.
Se logo de comprobar o anterior segues sen liña, contacta por WhatsApp ou co 1449 e axudámosche.
© R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. 2026
Mapa webInfo LegalPolítica de privacidadeAviso legalPolítica de CookiesCalidade de servizoPlataforma de resolución de conflictosCanle de Ética© R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. 2026
Mapa webInfo LegalPolítica de privacidadeAviso legal
