Se acabas de contratar unha SIM móbil de R, tes que configurar o APN de R, é dicir, o punto de acceso a internet ou parámetros que che permitirán ter os datos funcionando no teu terminal.
Unha vez que pos a SIM de R no teu smartphone, o ideal é que se configurase automaticamente o APN. Se non é así, sigue estes paso.
Configuración manual do APN de R en Android
Antes de nada, é importante explicar que algúns fabricantes personalizan os menús de configuración e poida que no menú os pasos non se chamen igual. En todo caso, van a ser moi parecidos.
Vai a Axustes > Conexións > Redes Móbiles> Nomes de Puntos de Acceso/APN da túa tarxeta SIM e selecciona a opción para crear unAPN novo, a icona + ou engadir.
Escribe aí a configuración para o APN de R:
- Nome de Punto de acceso: Internet R
- APN: internet.mundo-r.com
- MMC: 214
- MNC: 04
- Tipo de autenticación: PAP ou CHAP
- Tipo de APN: default,supl
- Preme o botón de opcións (arriba á dereita), dálle a “Gardar” e listo.
Configuración manual do APN de R en iPhone e iPad
- Accede aos axustes do teu iPhone e preme en "Datos móbiles".
- Selecciona "Redes de datos móbiles".
- En "Datos móbiles" > "Punto de acceso" escribe: datos
- En "Punto de acceso personal" > "Punto de acceso" escribe: datos
Configuración do APN de R en iOS
Outra forma de configurar o Punto de Acceso a Internet no teu móbil de R é descargando un perfil que xa che configura o APN. Fai isto:
- Conéctate a unha rede wifi.
- Entra en Safari.
- Escribe no navegador https://ios.mundo-r.com
- Pulsa permitir para descargar o perfil.
- Pecha e vai a "Ajustes" > "General" > “Perfil”.
- Preme sobre o perfil que acabas de descargar. Antes tes que meter o teu código de desbloqueo.
- Dálle a "Instalar" e outra vez en "Instalar" e xa estaría.