chámanos
É unha funcionalidade da rede que vai facilitar información sobre a empresa que está a chamar e que permitirá evitar chamadas inoportunas (comerciais, fraudulentas…).
A activación será automática, sen teres que facer nada no teu dispositivo.
Pódese desactivar en calquera momento chamando ao número 1449 de atención ao cliente e solicitando a súa desactivación. Se nalgún momento quixeres dispor de novo dela farase do mesmo xeito.
No momento no que se cursen chamadas etiquetadas por empresas, comerciais ou mesmo fraudulentas aparecerá na pantalla do terminal a numeración sen etiquetar.
Será unha funcionalidade completamente gratuíta.