chámanos

ES

GL

Particulares

Autónomos e Empresas


Grandes Empresas

Particulares

Cobertura marítima en cruceiros e tarifas para Empresas R

Con R tes a posibilidade de utilizar o teu número de teléfono cando viaxes nas rutas de cruceiros. Estas redes operan exclusivamente cando os barcos están fóra do alcance das redes terrestres, o que significa que, axiña que como se detecta cobertura terrestre pola proximidade do barco á costa, o servizo marítimo cesa.


Estas tarifas veñen por defecto co servizo de Roaming. Poderás gozar delas cando te atopes nalgún dos barcos baixo a súa cobertura.


⚠️ Pero debes ter coidado. En cobertura marítima as chamadas teñen un custo asociado de 10,31€/min (IVE incl.) máis un establecemento de chamada 0,73€ (IVE incl.) tanto para chamadas realizadas como para chamadas recibidas. Este servizo é incompatible con servizo de datos.


Por tanto, si non queres levarche un susto coa túa factura, recomendámosche que só utilices o teu móbil cando esteas en terra. Cando esteas no barco, déixao apagado e acéndeo só cando fagas escala e baixes a terra.


Prezos:

OperadoresTarifas para chamadas realizadas e recibidas
Oceancel - (Siminn Network)10,31€/min (IVE incl.)
Telecom Italia Mobile (TIM)10,31€/min (IVE incl.)
MCP10,31€/min (IVE incl.)
AT&T Mobility10,31€/min (IVE incl.)
Seanet Maritime10,31€/min (IVE incl.)
Prezo SMS1,21€ (IVE incl.)



E que ocorre cando baixe a terra?

Si estás no estranxeiro aplicaráseche a tarifa de roaming correspondente.


Todos os clientes de R poderán utilizar os beneficios da súa tarifa tanto en España como en roaming nos países do Espazo Económico Europeo.


Países incluídos no Espazo Económico Europeo: Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Croacia, Chipre, Dinamarca, Estonia, Eslovaquia, Eslovenia, Finlandia (incluídas as Illas Aland), Francia (incluído Martinica, Xibraltar, Guadalupe, San Martín, Güiana francesa, Reunión e Mayotte), Grecia, Hungría, Irlanda, Islandia, Italia e Cidade do Vaticano, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Malta, Noruega, Países Baixos, Polonia, Portugal (incluído Madeira e Azores), Reino Unido, República Checa, Romanía e Suecia.


Tamén pódeche interesar

 

Ou podes escribirnos en redes sociais