Se necesitas conectarte a internet nun ordenador ou nunha tablet e non tes wifi á man, pero si un móbil cun plan de datos, podes convertir o teu teléfono nun router con wifi. A isto é ao que chamamos tethering:
Sigue estas indicacións para compartir internet dende o teu móbil a outros dispositivos.
IMPORTANTE: segundo o teléfono e a versión do teu sistema operativo, os pasos ou o nome dos pasos poden variar.
Facer tethering en Android
Vai a:
- “Ajustes”
- "Conexiones" o "Conexión y compartir" ou “Otras conexiones inalámbricas”
- “Conexión compartida y Módem” ou “Punto de acceso portátil” o “Compartir datos por Wi-Fi”
- “Conexión compartida”
- Unha vez activada a conexión compartida, só tes que buscar o nome da nova rede e poñer o contrasinal que figura no terminal
Facer tethering en iPhone
Vai a:
- “Ajustes”
- “Datos móviles”
- “Red de datos móviles” e cubre os datos
- Unha vez cubertos os datos, volve a “Ajustes” > “Punto de acceso personal”
- “Permitir a otros conectarse”
- Unha vez activada a conexión compartida, só tes que buscar o nome da nova rede e poñer o contrasinal que figura no terminal