As restricións permítenche controlar o uso da túa liña móbil de R e evitar consumos non desexados, como chamadas internacionais ou o uso de datos no estranxeiro.
Dende a web de cliente de R poderás xestionar ti mesmo as restricións máis habituais (internacionais e roaming) e se necesitas outro tipo de restrición, chámanos e axudarémosche a configurala segundo as túas necesidades.
Coas nosas tarifas planas de R podes falar e navegar sen preocuparte polo consumo dentro do territorio nacional. Con todo, se nalgún momento necesitas limitar o uso da túa liña tamén poderás facelo para restrinxir as chamadas saíntes (excepto a números de emerxencia), entrantes ou o envío de SMS.
Escríbenos por WhatsApp ou chámanos ao 1449
Para protexerte de cargos inesperados, cando activas a túa liña móbil de R, bloqueamos automaticamente as chamadas a destinos de tarificación adicional (como números premium ou servizos especiais).
Esta restrición aplícase por defecto e está pensada para evitar que se xeren custos fóra da túa tarifa habitual.
Queres saber máis?
Consulta a nosa sección “consellos para evitar cargos fóra da túa tarifa de R”
Os SMS PREMIUM son mensaxes de texto a números especiais que adoitan utilizarse para participar en concursos de televisión, votar en programas ou descargar contidos ou xogos.
Estas mensaxes teñen un custo adicional que establece directamente o provedor do servizo, e poden incrementar significativamente o importe da túa factura.
Se a túa liña ten asociada unha tarxeta multisim de R, non te preocupes: unha única restrición será suficiente, xa que para nós todas as tarxetas vinculadas ao teu número se xestionan como unha soa liña.
Se necesitas restrinxilos, contacta connosco e xestionarémoscho sen custo algún.
O Roaming é o servizo que permite utilizar o teu móbil fóra de España para realizar chamadas e utilizar datos móbiles. Para que a túa liña móbil R funcione correctamente cando viaxes ao estranxeiro, é imprescindible que teñas activado o servizo de Roaming xunto ao de chamadas internacionais.
Isto débese a que, coa progresiva desaparición das redes 2G e 3G en moitos países, o teu móbil necesita conectarse a redes máis modernas que requiren ambos os servizos activos.
Poderás activar ou desactivar ti mesmo o roaming dende a área de clientes de R:

o máis buscado
outros servizos
enlaces de interese
axuda e contacto
© R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. 2025
Mapa webInfo LegalPolítica de privacidadeAviso legalPolítica de CookiesCalidade de servizoPlataforma de resolución de conflictosCanle de Ética© R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. 2025
Mapa webInfo LegalPolítica de privacidadeAviso legal