chámanos

ES

GL

Particulares

Autónomos e Empresas


Grandes Empresas

Particulares

Só para tarifas Óptimas Plus Empresas: Así funciona o roaming na zona 1 incluído na túa tarifa

Que é o roaming?

O roaming é o servizo que che permite ter cobertura cando estás no estranxeiro. Para poder prestar o servizo, R chegou a acordos con outros operadores estranxeiros, que facilitan o tránsito pola rede visitada dos nosos clientes.

A partir do 15 de xuño de 2017, todos os clientes de R poden utilizar os beneficios da súa tarifa tanto en España como en roaming nos países da zona 1 (Espazo Económico Europeo e o Reino Unido) nas mesmas condicións que na súa tarifa nacional, dentro dos límites dun uso non abusivo.

Países incluídos na zona 1: Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Croacia, Chipre, Dinamarca, Estonia, Eslovaquia, Eslovenia, Finlandia (incluídas as illas Aland), Francia (incluídos Martinica, Guadalupe, San Martín, Güiana Francesa, Reunión e Mayotte), Grecia, Hungría, Irlanda, Islandia, Italia (incluída a Cidade do Vaticano), Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Malta, Noruega, Países Baixos (incluída Holanda), Polonia, Portugal (incluídos Madeira e Azores), Reino Unido (incluído Xibraltar; excluídas Guernsey, a illa de Man e Jersey), República Checa, Romanía e Suecia.

Que significa que as tarifas inclúen o roaming na zona 1?

Significa que podes seguir utilizando a túa tarifa tamén cando viaxes a eses países. O consumo que fagas estando en roaming na Unión Europea, Islandia, Liechtenstein, Noruega e o Reino Unido descontarase do bono de minutos e megas da túa tarifa. Tampouco pagarás polas chamadas recibidas nin por escoitar as mensaxes da caixa de correos de voz.

No caso do uso dos datos, podes realizar un uso diferente en función do tipo da tarifa que teñas contratada. O uso dos bonos de minutos e datos funcionaría do seguinte xeito:

Bono de minutos:

  • Se tes unha tarifa con límite de minutos e consomes os que inclúe o teu bono, aplicaráseche a tarifa nacional coma en España. 
  • Se tes chamadas ilimitadas poderás gozar tamén de chamadas ilimitadas a 0 € na zona 1. 
  • Se tes unha tarifa con prezo por uso de voz e datos, aplicaráseche a túa tarifa habitual tamén nas chamadas que fagas dentro da zona 1.

Bono de datos:

Se utilizas os datos estando en roaming dentro da zona 1:

  • Se tes unha tarifa ilimitada, dispós dun bono de datos de consumo exclusivo para poderes utilizalo en roaming na zona 1. Se consomes o teu bono de datos en roaming enteiro, pasarás a gozar de megas adicionais a un prezo de 0,0035 € IVE incluído por cada MB consumido.
  • Para o resto de tarifas, eses consumos descontaranse do bono de GB da túa tarifa, aplicando as condicións da tarifa en roaming zona 1 igual ca en España.

Coas Tarifas Óptimas/Óptimas Plus e Personalizadas ofrecémosche un bono de datos para Europa Plus con chamadas e datos en roaming a 0 € para as túas viaxes nos EUA, Suíza e a China.

Ademais:
Chamadas gratis entre os teus empregados na zona do EEE. Se superas o límite de 2000 destinos diferentes, aplicaráseche a tarifa nacional coma en España. Ver os países incluídos no Espazo Económico Europeo (EEE).
SMS a todos os destinos nacionais e en roaming en países do EEE a 0 €/SMS, con 1000 SMS por liña ao mes.
Se utilizas os datos estando en roaming dentro do EEE, eses consumos descontaranse dos teus bonos de datos nacionais contratados. Se consomes os bonos, poderás seguir navegando a menor velocidade tanto se estás en España coma en roaming no EEE.

 

R ofrece bonos de minutos en roaming (exclusivo só para tarifas Óptimas/Óptimas Plus e Personalizadas) para comunicarte dende o estranxeiro, aforrar e controlar de gasto en todas as liñas da túa empresa.

Se precisas realizar chamadas en roaming:

  • Travel Voz Diario Empresas e paga só por día de uso nas túas viaxes internacionais aos EUA, Suíza e a China.
  • Travel Voz Semanal Empresas para as túas viaxes internacionais a países claves das zonas 2 e 3 (consulta a listaxe de países incluídos).

Se precisas correo e Internet en roaming:

  • Travel Data Empresas (diario estándar e intensivo) e paga só por día de uso nas túas viaxes internacionais aos EUA, Suíza e a China.

Países incluídos en Travel Semanal Voz:

 Brasil, Arxentina, Honduras, Suráfrica, Xapón, Venezuela, Chile, Nicaragua, Nixeria, Hong Kong, Colombia, Paraguai, República Dominicana, Turquía, Singapur, Perú, México, Canadá, Rusia, Australia, Bolivia, Guatemala, Marrocos, India, Qatar, Ecuador, O Salvador, Tunes, Tailandia.

Resto do mundo correo e Internet en roaming:

  • Travel Data RoW (diario estándar e intensivo) Resto da zona agás Andorra, que se tarifica coa tarifa básica.

Se vas viaxar ao estranxeiro asegura as túas comunicacións, contacta co teu asesor comercial e se queres activar os bonos de aforro contacta no 900 815 825.

Teño que pagar polas chamadas recibidas en roaming na zona 1?

As chamadas que recibas cando esteas dentro do EEE non terán custo para ti.

Todas as tarifas benefícianse das novas condicións de roaming?

Non, as tarifas de datos 4G no teu negocio e 4G na túa oficina de uso exclusivamente doméstico non incluirán roaming.

Estas condicións tampouco son de aplicación nos servizos M2M de uso exclusivo nacional, así como tampouco naqueles casos nos que o cliente optase por unha oferta alternativa de roaming.

Existe algunha limitación para o uso da miña tarifa en roaming na zona 1?

Podes usar a túa tarifa sempre que viaxes a calquera dos países da zona 1 dentro dos límites dun uso razoable ou non abusivo segundo a nova regulación europea. Pero que se considerará un uso abusivo? Consulta todos os detalles. (Ligazón á FAQ1.1)

 

Tamén che pode interesar

Ou podes escribirnos en redes sociais