chámanos

ES

GL

Particulares

Autónomos e Empresas


Grandes Empresas

Particulares

Limitacións do uso do roaming no Espazo Económico Europeo (EEE) incluído na túa tarifa R empresas

A túa tarifa móbil é válida tanto en España como nas túas viaxes a calquera país da Unión Europea, Islandia, Noruega, Liechtenstein e desde novembro do 2023 tamén en Xibraltar (Zona UE). No entanto, para evitar abusos,existen regras que limitan o uso moi intensivo ou permanente do roaming.


Que países pertencen á Zona UE?

Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Croacia, Chipre, Dinamarca, Estonia, Eslovaquia, Eslovenia, Finlandia (incluídas as Illas Aland), Francia (incluído Martinica, Guadalupe, San Martín, Güiana francesa, Reunión e Mayotte), Grecia, Hungría, Irlanda, Islandia, Italia e Cidade do Vaticano, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Malta, Noruega, Países Baixos, Polonia, Portugal (incluído Madeira e Azores), República Checa, Romanía, Suecia e desde do 23 de novembro do 2023 tamén engadimos Xibraltar.

Que se considera uso abusivo de roaming na zona UE?

Existen varios tipos de uso que se consideran abusivos e que implican unha tarificación adicional para o uso do móbil en roaming no Espazo Económico Europeo (países da Unión Europea, Islandia, Noruega e Liechtenstein), o Reino Unido e Xibraltar.

Basicamente, considerarase que realizas un uso abusivo se cumpres a seguinte condición:

O teu consumo e a túa presenza en roaming é prevalente sobre o teu consumo e presenza nacional nos últimos catro meses.

Para que se entenda mellor, obsérvase o teu uso do roaming na zona UE nos últimos catro meses, e verifícase se se cumpren as seguintes dúas condicións simultaneamente:

  • O consumo de datos en roaming na zona UE é maior do que o consumo en España.
  • O número de días de presenza exclusiva en roaming na zona UE é maior do que o número de días con presenza en España.

Lembra que nunca empezaremos a aplicar cargos adicionais en roaming sen terche enviado antes un SMS de aviso

. Esta recarga nunca se aplicará sobre o consumo feito antes do aviso, só se aplicará para o uso de datos en roaming futuro.

Como sei se estou facendo un uso abusivo de roaming na zona UE?

Se detectamos que o teu uso do roaming na zona UE infrinxe a política de uso razoable de R, segundo a regulación aprobada pola UE, enviarémosche un SMS avisándoche.

A partir dese momento, terás dúas semanas para cambiar o teu padrón de uso, é dicir, volver facer un uso razoable do roaming. Isto significa que neses 14 días despois da recepción do SMS de aviso deberás ter unha presenza e consumo maior en España do que en roaming na zona UE.

  • Se o teu padrón de uso nos 14 días mudou, recibirás un SMS no que se che confirmará que segues dentro dun uso razoable do roaming e, xa que logo, continuarás usando a túa tarifa nacional en roaming na zona UE sen cargos adicionais.
  • Se non é así, recibirás outro SMS que te alertará do comezo dos cargos adicionais no teu consumo de datos en roaming.  O teu consumo de datos facturarase a 0,0018 céntimos de euro cada MB (IVE incluído), a partir dese momento. É dicir, se despois de recibir este SMS consomes 1 GB en roaming, custarache 1,88 €.

Cando poderei volver usar a miña tarifa en roaming na zona UE sen cargos adicionais?

Ao principio de cada mes, revisaremos o teu padrón de uso do roaming de novo, para comprobar que xa non é abusivo, e nese caso enviarémosche un SMS para avisar do remate dos cargos extra. A partir dese momento, podes volver usar a túa tarifa na zona UEsen custo adicional ningún. Caso de te manteres fóra da política de uso razoable, seguirán aplicándose as recargas na tarificación dos datos en roaming na zona UE.

Cando teño recarga en datos en roaming na zona UE, gasto datos da miña tarifa de datos nacional?

Non. Durante o tempo que se che estea aplicando un custo extra polo uso de datos en roaming na zona UE, por uso abusivo, só o que consumas en España restará da túa tarifa nacional de datos.

Afecta a recarga todas as miñas liñas?

Non, a recarga só se aplica sobre as liñas que fixeron o consumo abusivo.

Se marcho de vacacións no verán a un país da zona UE, podo chegar a ter uso abusivo?

Acouga, estes límites están pensados para evitar usos exclusivos ou moi intensivos do roaming. A regulación está pensada para que todos os cidadáns da UE viaxemos tranquilos no territorio da zona UE, pero non para un uso prevalente nun país diferente do noso.

Se marcho vivir a Italia, podería chegar a pagar recarga polos meus datos?

Si. Si a túa estancia nun país da zona UE , como Italia, vai ser longa, entón poida que chegues a recibir os avisos por consumo abusivo en roaming. Nese caso, si non volves a España, terías que pagar os datos consumidos en Italia a 0,0018 €/MB (IVE incluído). 1GB en roaming custarache 1,88 €.

Se viaxo fóra da zona UE, aplícanseme estas limitacións?

Non. Estas limitacións só aplícanse en países onde a tarifa nacional pódese utilizar sen custo adicional. En países fóra da Zona UE, o prezo do roaming non está vinculado á tarifa que tes en España.


* Todos os países que pertencen á Zona 1 pasan a ser países da nova zona denominada Zona UE.

 

Tamén che pode interesar

Ou podes escribirnos en redes sociais