O servizo “Zona habilitada de roaming” permite restrinxir o ámbito de uso de roaming exclusivamente á zona seleccionada, evitando sobrecustos na factura, xa que o roaming ficará bloqueado cando se saia da zona habilitada.
Se activas “Zona habilitada de roaming - Europa regulada” unicamente terás servizo de roaming, voz e datos nos países incluídos no Espazo Económico Europeo*.
*Países incluídos no Espazo Económico Europeo:
Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Croacia, Chipre, Dinamarca, Estonia, Eslovaquia, Eslovenia, Finlandia (incluídas as illas Aland), Francia (incluídos Martinica, Guadalupe, San Martín, Güiana Francesa, Reunión e Mayotte), Grecia, Hungría, Irlanda, Islandia, Italia (incluída a Cidade do Vaticano), Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Malta, Noruega, Países Baixos (incluída Holanda), Polonia, Portugal (incluídos Madeira e Azores), República Checa, Romanía e Suecia.
Se vas viaxar fóra dos países do Espazo Económico Europeo lembra desactivar esta opción para comunicarte dende o estranxeiro e recomendámosche que actives Travel datos e Travel voz, os módulos de aforro para roaming na túa tarifa Óptima que che permiten seguir comunicado aínda que viaxes lonxe, aforrar e controlar o gasto da túa empresa.
Este servizo está dispoñible para tarifas Óptimas, Solucións Personalizadas e Internet Móbil.
Accede a área de cliente empresa dende un computador, tableta ou móbil.
Só o autorizado da empresa ten acceso a esta funcionalidade. Busca a lapela Contratado e selecciona a liña do empregado que vai viaxar. Na opción de Xestiona servizos, atoparás o servizo de Roaming.
Na sección Roaming, activa o botón de Roaming e o botón Zona habilitada Roaming. Europa regulada.
Para activares o roaming en todo o mundo, desmarca a opción de Zona habilitada Roaming e mantén activo o botón de Roaming.
o máis buscado
outros servizos
enlaces de interese
axuda e contacto
© R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. 2025
Mapa webInfo LegalPolítica de privacidadeAviso legalPolítica de CookiesCalidade de servizoPlataforma de resolución de conflictosCanle de Ética© R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. 2025
Mapa webInfo LegalPolítica de privacidadeAviso legal