INCLUÍDA
se queres un novo número ou manter o teu antigo, ofrecémosche un teléfono fixo.
dúas liñas móbiles para estar sempre comunicado, con 50 GB e chamadas ilimitadas a móbiles e fixos.
engade tantas liñas como necesites por só 2,48 €/mes.
podo contratar a través da web?
claro! É máis rápido e garantímosche o mellor prezo. Utiliza o noso carriño ou déixanos o teu número de teléfono e chamarémoste o máis rápido posible para axudarte a elixir os mellores servizos para ti. Ou, se o prefires, chámanos ao teléfono gratuíto 900 825 868.
canto tardará a instalación da fibra óptica?
a instalación realízase aproximadamente en 5 días dende que asinas o contrato se nos pediches un número novo e un máximo de 14 días se queres conservar o teu número fixo actual.
de verdade vai ir mellor a wifi na miña casa?
na wifi non hai solución perfecta, as cousas claras. O noso compromiso é que teñas a mellor wifi posible. Para iso, os nosos técnicos analizarán a túa casa e realizarán unha instalación personalizada para ti. Utilizaremos un router 5g con dúas redes wifi para que teñas a mellor tecnoloxía. Ademais, se a túa casa é moi grande proporémosche solucións para que a cobertura da wifi chegue a todos os recunchos. Por suposto, falaremos contigo para que sexas ti quen decida en todo. É a túa casa e é a túa wifi :)
é a instalación gratis?
gratis de verdade. A instalación, o router para internet, o deco da tv e os envíos de sim ou móbiles non teñen custo para ti. Iso si, precisaremos que te comprometas a estar un tempo connosco, igual que nós nos comprometemos contigo ao facerche este agasallo.
podo manter os meus números de fixo e móbil?
por suposto, se ti queres é posible. Este proceso chámase chama "portabilidade". Pídenolo e encargarémonos de todo. Non terás que falar co teu antiguo operador, farémolo todo nós por ti.
canto tempo teñoque agardarpara ter os meus número de teléfono en R? (portabilidade)
cando contrates unha tarifa de móbil enviarémosche a túa nova sim á casa. En menos de 48 horas tras recibir a túa sim xa terás activo o teu número. Despreocúpate, nós enviarémosche un sms informándote da data exacta na que poderás utilizalo. no fixo. Neste caso, só terás que agardar entre 24 e 48 horas despois de que che instalemos o teléfono fixo. Non tes que facer nada, encargarémonos de todos os trámites. Ademais, enviarémosche un sms para confirmarche que xa podes usar o teu número de teléfono.
© R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. 2026
Info LegalPolítica de privacidadeAviso legalPolítica de CookiesCalidade de servizoPlataforma de resolución de conflitosCanle Ética
