As opcións para solucionalo dependen do tempo que pasou desde que recibiches o dispositivo por parte de R e de se tes garantía ou un seguro contratado.
📅 Se transcorreron menos de 15 días desde que o recibiches pola nosa banda e é un fallo de fábrica, cambiarémoscho. Tan só é necesario:
📅 Se pasaron máis de 15 días e o teu terminal segue en garantía (normalmente 3 anos desde a compra), lévao a unha tenda R e enviarémolo ao Servizo Técnico Oficial para que o revisen.
Se contrataches o Seguro Móbil R para o teu móbil, a túa póliza cobre os danos por accidente e líquidos polo que será totalmente gratuíta a substitución por unha nova pantalla ou reparación.
Chama ao 915 909 789 nun máximo de 7 días laborables e informaranche dos pasos a seguir
👉 Podes revisar aquí toda a información sobre el Seguro Móbil de R.
Se compraches o teu móbil a R por teléfono ou por internet e cambiaches de idea, poderás devolvelo sen problema e sen dar explicacións nun prazo de 14 días naturais desde que o recibas. Lembra non tirar a embalaxe orixinal e conservar todos os accesorios ata que esteas seguro de que quedas co móbil.
✅ Que condicións debe cumprir o móbil que vou devolver a R?
🔁 Como fago a devolución dun móbil en R?
O máis importante se perdes ou che rouban o móbil é que contactes con Atención ao Cliente de R no 1449 para bloquear a tarxeta SIM. Deste xeito, ninguén poderá utilizar a liña no teu nome ou facer un gasto non previsto. Se despois atopas o móbil, só tes que chamarnos a R e desbloqueámoscho para que o sigas usando con normalidade.
En caso de roubo, achégate a unha tenda de R para conseguir de forma inmediata un duplicado da tarxeta SIM. Consulta aquí máis consellos en caso de sufrir o roubo do teu teléfono.
ℹ️ Se tes contratado o Seguro Móvil de R é o momento de revisar a cobertura da túa póliza e contactar coa aseguradora.
ℹ️ Lembra que tanto Android como iOS ofrecen ferramentas gratuítas para localizar ou borrar o teu dispositivo en remoto.
o máis buscado
outros servizos
enlaces de interese
axuda e contacto
© R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. 2025
Mapa webInfo LegalPolítica de privacidadeAviso legalPolítica de CookiesCalidade de servizoPlataforma de resolución de conflictosCanle de Ética© R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. 2025
Mapa webInfo LegalPolítica de privacidadeAviso legal