Que pasa desde que compro un móbilR?
Dende que contactas connosco, pómonos a preparar o teu pedido. Os pasos que seguimos son os seguintes:
1. Chamámoste nun plazo de 24-48 horas para confirmar os datos do teu pedido e aclarar calquera dúbida que poidas ter. Nesta mesma chamada, se se trata dunha portabilidade, poderás facer unha grabación para acelerar o proceso de alta
2. Se non se puideron realizar todos os trámites administrativos, enviámosche o contrato de alta no servizo e as solicitudes de portabilidade se queres conservar o teu antigo número
3. Unha vez que recibimos os contratos asinados ou teñamos a grabación do alta, verificamos que todos os datos son correctos e:
- Se é unha alta dun número novo ordenamos o envío do novo terminal e do cartón SIM á dirección que nos indiques
- Se solicitaches portabilidade, enviarémosche o terminal e a SIM para que o teñas no teu poder antes de que se faga a portabilidade. Cando confirmemos que recibiches o terminal e a SIM (é importante que nos chames cando o recibas para continuar o proceso), porémonos en contacto co teu antigo operador para que nos conceda a portabilidade. Na madrugada (entre as 2 e as 6 da mañá) do segundo día laborable dende que solicitemos a túa portabilidade (se a solicitamos un luns, na madrugada do mércores) o teu móbil xa será R.