O único requisito para contratar o servizo é que teñas un móbilR e sexas cliente de empresa. Se é así, pódelo contratar.
Para contratar unha VPN, o mellor é que fales co comercial que teñas asignado. Se non, tamén podes chamarnos ao 1446 para que che expliquemos como facelo.
Non hai límite no número de liñas móbiles que poden pertencer a unha VPN, así que podes dar de alta cantas liñas queiras. Iso si, todas as liñas móbiles deben ser de R.
Si. En R podes formar unha VPN con liñas fixas e móbiles. O único requisito é que as liñas fixas deben formar parte dun centrex e que tanto as liñas fixas como móbiles sexan de R.
a numeración curta serve para voz e para enviar mensaxes curtas (SMS), pero non para enviar mensaxes multimedia (MMS).
Non, no estranxeiro non poderás chamar usando a numeración curta, polo que é importante que teñas na túa axenda tanto o número longo coma o curto.
Claro. A numeración curta é privada de cada empresa e, polo tanto, ti poderás asignar a numeración que queiras sempre e cando:
- a numeración sexa de 4 díxitos
- non asignes a 2 números distintos o mesmo número curto
Poderás asignar numeración curta a unha liña de 2 formas:
- a través do teu comercial
- chamando ao 1446 (lembra marcar 01446 se a túa liña pertence a unha VPN)
Non é posible. Non se pode asignar o mesmo número curto a 2 números de teléfonos distintos.
Para chamar a un número de 4 díxitos que non sexa da VPN, por exemplo o 1446, debes marcar antes o 0. Así, se marcas 1446 estarás chamando ao número curto da túa VPN e se marcas 01446 estarás chamando ao centro de atención de R.
Non, non é posible. De cara a ofrecer o servizo con todas as súas funcionalidades, é imprescindible ter numeración curta.
Unha restrición horaria é unha limitación no funcionamento dunha liña móbil. Unha liña á que lla apliques terá o seguinte comportamento:
- no horario habilitado poderá chamar a calquera número de teléfono
- no horario non habilitado só poderá chamar aos números da VPN e números de urxencia
Non, a restrición horaria só serve para chamadas de voz. A liña poderá enviar mensaxes curtas ou multimedia a calquera teléfono en calquera momento.
Non, a restrición horaria só serve para chamadas de voz nacionais. A liña poderá chamar desde o estranxeiro a calquera teléfono en calquera momento.
fóra do horario permitido podes chamar a:
- os números da VPN
- números de emerxencia: 112, 091, 061, etc
- centro de atención ao cliente de R: 1446 (lembra marcar 01446 se a túa liña pertence a unha VPN)
Poderás asignar unha restrición horaria a unha liña de 2 formas:
- a través do teu comercial
- chamando ao 1446 (lembra marcar 01446 se a túa liña pertence a unha VPN)
Significa que a liña móbil á que lle puxeches a restrición terá o seguinte comportamento:
- de luns a venres de 8 a 20 poderá chamar a calquera número
- de luns a venres de 20 a 8 e fins de semana só poderá chamar a números da VPN e de urxencia
- poderá enviar mensaxes curtas e multimedia e chamar desde o estranxeiro en calquera momento
no servizo ofrecémosche por comodidade unha serie de restriccións horarias, pero se precisas outra non dubides en pedírnola. Para isto, tes 2 opcións
- fala co teu comercial
- chámanos ao 1446 (lembra marcar 01446 se a túa liña pertence a unha VPN)
Non, non é posible. Só podes asignar unha restrición horaria por VPN, é dicir, non podes facer que unha liña teña como horario permitido de 8 a 15 e outra de 15 a 21. Podes decidir se unha liña ten restrición horaria ou non, pero non podes poñer 2 restricións horarias distintas na mesma VPN.
una restricción interna es una limitación en el funcionamiento de una línea móvil. La línea que tenga aplicada una restricción interna sólo podrá llamar a los números de teléfono que estén dentro de su VPN.
Unha restrición interna é unha limitación no funcionamento dunha liña móbil. A liña que teña aplicada unha restrición interna só poderá chamar aos números de teléfono que estean dentro da súa VPN.
Non, a restrición interna só serve para chamadas de voz. A liña poderá enviar mensaxes curtas ou multimedia a calquera teléfono.
Non, a restrición interna só serve para chamadas de voz nacionais. A liña poderá chamar desde o estranxeiro a calquera teléfono.
Poderás asignar unha restrición interna a unha liña de 2 formas:
- a través do teu comercial
- chamando ao 1446 (lembra marcar 01446 se a túa liña pertence a unha VPN)
Si. A través da
web de clientes poderás aplicar as restricións normais á liña móbil, chamadas a números premium, internacional, roaming, etc.
O servizo de VPN ten un custo que che permitirá acceder a todas as súas funcionalidades (numeración curta, restricións horarias, restrición interna) e a unha tarificación especial entre os números da VPN.
para coñecelo, recomendámosche que fales co teu comercial para que che indique o prezo do servizo e poida axustalo ás túas necesidades.
Estamos a traballar en que a VPN poida xestionarse directamente desde a web de clientes. Mentres non estea dispoñible, pedímosche que para calquera consulta ou xestión te poñas en contacto co teu comercial ou ben nos chames ao 1446 para realizar a xestión que desexes.