Mundo-RMundo-R

Google Pixel 10: innovación e potencia

No corazón do Pixel 10 atopamos o novo procesador Google Tensor G5, fabricado con tecnoloxía de 3 nm para ofrecer un rendemento notablemente mellorado e maior eficiencia enerxética.

Acompañado do coprocesador de seguridade Titan M2 e 12 GB de RAM, este chip permite executar tarefas esixentes con fluidez, incluídas funcións avanzadas de IA.

O Google Pixel 10 vén con Android 16, a versión máis recente do sistema operativo de Google, e a promesa de ata sete anos de actualizacións de sistema, seguridade e Pixel Drops, o que garante soporte a longo prazo.

Pantalla e deseño

Canto ao deseño, o Google Pixel 10 é estiloso e duradeiro, resistente a caídas.

Google optou por unha estrutura de aluminio con acabado pulido e panel traseiro de vidro, coa icónica barra de cámara Pixel. Os detalles metálicos están fabricados con aluminio 100 % reciclado.

A súa pantalla Actua é un 11 % máis brillante, así que resulta agradable á vista mesmo con luz solar directa.

Cámaras: fotografía avanzada con IA

Unha das grandes novidades do Google Pixel 10 é o seu sistema de tripla cámara traseira:

• Sensor principal de 48 MP con estabilización óptica (OIS).

• Ultra grande angular de 13 MP para captar escenas amplas.

• Novo teleobxectivo de 10,8 MP e 5 aumentos.

• Cámara frontal 10,5 MP con campo de visión amplo, ideal para selfies.

A este hardware súmanse unha capacidade de almacenamento de 128 GB ou 256 GB e todo un repertorio de funcións baseadas en IA.

Agora podes falar con Gemini de xeito natural e fluído sobre calquera cousa que vexas usando Gemini Live e a túa cámara.

Por certo, tamén podes pedirlle a Gemini que che bote unha man coa túa axenda ou coas túas procuras.

Batería: autonomía e recarga magnética

O teléfono integra unha batería de 4970 mAh que ofrece autonomía para máis de 24 horas.

Admite carga rápida por cable de 30 W e carga sen fíos Qi2 de ata 15 W utilizando a tecnoloxía magnética Pixelsnap.

págao a prazos con R

teño dúbidas sobre
ver todas