chámanos GRATIS881 304 130
Mundo R
área cliente

881 304 130

Ordenador, ratón y planta

móbil

primeiros pasos

como podo contratar o meu móbil con R?

a través da web de R, nos teléfonos gratuítos 1449 para clientes particulares e 1446 para clientes profesionais ou empresas, mediante os nosos comerciais e nos nosos puntos de venta autorizados. Levarémosche o teléfono móbil e o cartón SIM que contrates á túa casa ou á túa oficina para que non teñas que preocuparte de incómodos desprazamentos. Se estás interesado, podes coñecer todos os detalles do proceso de compra.

canto tempo tarda o proceso de portabilidade?

o tempo mínimo para realizar a portabilidade é de 2 días laborables, pero se queres un prazo maior, tamén o podemos solicitar. Ademais, para que saibas cando terá lugar a portabilidade, enviarémosche unha mensaxe coa data e hora en que se producirá o cambio a R. Mentres dura o proceso de portabilidade, podes seguir usando o teu móbil de forma normal, pero a partir do cambio, só poderás utilizar o teu teléfono R

que numeración van ter os números móbiles de R?

podo elixir numeración en R?

xa teño o meu teléfono, como o activo?

por seguridade, R envía os teléfonos desactivados de forma que só poderás recibir chamadas e mensaxes. Chama ao teléfono gratuíto 1449 se es cliente particular, ou ao 1446 se es cliente de empresas, e activaremos o teu teléfono.

podes acceder á web guiasmobilR.mundo-R.com, onde paso a paso che amosamos a configurar o punto de acceso a internet (APN) ou o centro de mensaxes.

R ten tendas de móbil?

si, R terá presenza nas principais cidades de Galicia para que poidas acudir a ver o catálogo de teléfonos de R e contratar o servizo. Esta é a lista de puntos de venda onde poderás acudir. Se estás nunha cidade onde non haxa unha tenda con teléfonos R, poderás velos e compralos a través da páxina web de R.

proceso de compra

como compro un móbilR?

poderás facelo na web de R, chamando ao 1449 para clientes particulares ou ao 1446 para clientes profesionais ou empresas, nos nosos puntos de venda ou a través dos nosos asesores comerciais.

que pasa desde que compro un móbilR?

dende que contactas connosco, pómonos a preparar o teu pedido. Os pasos que seguimos son os seguintes:
1. chamámoste nun plazo de 24-48 horas para confirmar os datos do teu pedido e aclarar calquera dúbida que poidas ter. Nesta mesma chamada, se se trata dunha portabilidade, poderás facer unha grabación para acelerar o proceso de alta
2. se non se puideron realizar todos os trámites administrativos, enviámosche o contrato de alta no servizo e as solicitudes de portabilidade se queres conservar o teu antigo número
3. unha vez que recibimos os contratos asinados ou teñamos a grabación do alta, verificamos que todos os datos son correctos e:
- se é unha alta dun número novo ordenamos o envío do novo terminal e do cartón SIM á dirección que nos indiques
- se solicitaches portabilidade, enviarémosche o terminal e a SIM para que o teñas no teu poder antes de que se faga a portabilidade. Cando confirmemos que recibiches o terminal e a SIM (é importante que nos chames cando o recibas para continuar o proceso), porémonos en contacto co teu antigo operador para que nos conceda a portabilidade. Na madrugada (entre as 2 e as 6 da mañá) do segundo día laborable dende que solicitemos a túa portabilidade (se a solicitamos un luns, na madrugada do mércores) o teu móbil xa será R.

canto tempo tarda en chegar o meu pedido?

unha alta dun número novo leva aproximadamente 10-12 días (depende do rápido que nos devolvas os contratos asinados) e unha alta con portabilidade, polos prazos de concesión desta, tarda ao redor de 14-16 días en caso de que teñamos que esperar a que nos devolvas o contrato asinado. En caso de que realices todos os trámites na primeira chamada incluíndo a gravación para solicitude de portabilidade, este prazo redúcese a aproximadamente 7 días.

como recibo o meu móbilR?

levarémosche o teléfono móbil e a tarxeta SIM que contratases á túa casa para que non teñas que preocuparte de incómodos desprazamentos ou se prefires, a tenda que nos indiques. O que é moi importante é que o titular do contrato en R, sexa que recolla o terminal ensinando o seu DNI.

canto me custa o envío a domicilio do meu terminal e o meu SIM?

nada. R asume o custo do envío ao teu domicilio dos terminais e SIMs que compres.

se non estou en casa, ¿entregarán o móbil a outra persoa?

se non vas estar na casa nos horarios habituais de entrega de pedidos, tes 3 posibilidades:
- podes darnos outro enderezo de entrega onde poidamos enviarche o paquete, ao do teu traballo, por exemplo. Para isto, é obrigatorio que nos envíes unha autorización firmada.
- recoge o terminal nuhna tienda de R.
- R ten firmado un acordo con ASM de forma que podes achergarte á oficina máis próxima ao teu domicilio para recoller do teu móbil.

e se o titular no pode recoller o móbil, pode collelo outra persoa no seu lugar?

sempre e cando nos avises con antelación antes de enviarche o móbil, é posible que o recolla outra persoa distinta do titular. Iso si, é obrigatorio que cubras, firmes e nos envíes unha autorización para que outra persoa o recolla.

podo modificar ou cancelar o meu pedido unha vez realizado?

se o pedido aínda non foi enviado, é posible modificar os datos ou cancelalo. Chama ao 1449 para clientes particulares ou ao 1446 para clientes profesionais ou empresas para coñecer o estado do teu pedido e ver se aínda podes realizar algún cambio

e se non podo estar en casa en horarios de entrega, como podo recoller o meu novo móbil?

se non vas estar en casa nos horarios habituais de entrega de pedidos, tes 2 posibilidades:
- dános outra dirección de entrega onde poidamos enviarche o paquete, a do teu traballo por exemplo
- R ten asinado un acordo con Correos de forma que podes achegarte á oficina máis próxima ao teu domicilio para recoller o teu móbil en calquera caso, sempre ten que recoller o terminal o titular do servizo identificándose co seu DNI ou pasaporte

comprei varios móbiles e o importe é bastante elevado. Non quero ter esa cantidade de diñeiro na casa para pagar contra reembolso e o límite do meu cartón é inferior, que podo facer?

non te preocupes. Chámanos e durante a túa chamada seguro que atopamos unha solución para que poida contratar o servizo de telefonía móbil e levar os terminais que queiras.

que medidas de seguridade hai para os meus datos e os meus cartóns de crédito?

os sistemas de R garanten en todo momento a seguridade da túa información persoal, incluíndo a información do teu cartón de crédito para máis información, consulta a nosa política de seguridade
de todos os xeitos, se pola túa situación persoal, necesitas pagar doutra forma, contacta con nós a través da web de clientes.

comprar pola web é seguro?

todos os teus datos enviaranse desde unha páxina segura para que non poidan ser vistos por outras persoas. Toda a información que nos facilitas convértese nunha serie de códigos para poder transmitilos con seguridade a través da internet. Utilizamos o protocolo SSL (Secure Socket Layer), o nivel de seguridade máis alto dispoñible para a web e que está baseado nunha tecnoloxía de claves públicas e privadas fabricadas por ipsCA. Para máis información consulta a súa páxina web http://www.ipsca.com/

o meu móbil chegou roto, que fago?

chama ao 1449 se es cliente particulares ou ao 1446 se es cliente profesional ou empresas, e informarémosche de como obter un novo. Lembra que neste caso debes conservar a caixa e os accesorios orixinais.

se non estou contento podo devolver o móbil?

Puedes probar el móvil durante 14 días y si no te convence nuestro servicio puedes devolverlo siempre y cuando el móvil se encuentre en el mismo estado en que te lo entregamos y nos devuelvas todos los elementos originales (cargador, caja, batería, accesorios, etc). Únicamente pagarás el consumo que hayas hecho del teléfono en esos días y te devolveremos el resto del importe.

se non estou contento, podo o meu móbil por outro modelo?

podes probar o móbil durante 14 días e se non che convence o noso servizo podes devolvelo a condición de que o móbil se atope no mesmo estado no que cho entregamos e nos devolves todos os elementos orixinais (cargador, caixa, batería, accesorios, etc). Unicamente pagarás o consumo que fagas do teléfono neses días e devolverémosche o resto do importe.

desvíos

como podo programar un desvío no meu móbilR?

tes dúas formas de activar o desvío da chamada a outro número na túa liña de móbilR. A primeira é poñendo os comandos concretos directamente no teu terminal e a segunda é a través da web de clientes ou da nosa app. Nas seguintes preguntas e respostas detallámosche cada opción.

cales son os comandos para desviar chamadas no meu móbilR?

podes realizar distintos tipos de desvíos na túa liña:
desvío inmediato. Desvía sempre todas as chamadas que recibas (na nosa web gioasmobilR.mundo-R.com odes escoller o teu terminal Android e, seleccionando “desvío de chamadas”, xa che indicamos cada paso):
- para activalo, pulsa *21* (despois pon o nº ao que se desvía) e preme de novo #
- para desactivalo, pulsa #21#
desvío se comunica. Desvía as chamadas se a túa liña está ocupada.
- para activalo, pulsa *67* (despois pon o nº ao que se desvía) e preme de novo #
- para desactivalo, pulsa #67#
desvío se non contestas. Desvía as chamadas cando estás ausente ou non podes coller o teléfono.
- para activalo, pulsa *61* (despois pon o nº ao que se desvía) e preme de novo #
- para desactivalo, pulsa #61#
desvío se o teléfono está apagado ou sen cobertura. Desvía as chamadas cando o móbil está fóra de cobertura ou cando o tes apagado.
- para activalo, pulsa *62* (despois pon o nº ao que se desvía) e preme de novo #
- para desactivalo, pulsa #62#

como configuro os desvíos desde a web de clientes ou desde a app?

para establecer os axustes de desvío debes seguir na nosa web de clientes ou app a "ruta configurar" > "configurar móbilR" >configurar desvíos. Puedes establecer se queres que as chamadas vaian directamente ao contestar ou ben se redirixan a outro número. Máis información.

teñen custo os desvíos?

si. As chamadas desviadas a outro número cóbranse como chamadas realizadas dende a túa liña; os desvíos ao contestador son gratuítos.

consumo

como podo saber cantos datos levo consumidos?

tes varias opcións:
- conéctate á web de cliente e verás os datos que levas consumidos
- revisa o detalle das túas chamadas. Aí sae tamén o detalle das túas conexións de datos e verás canto consumiu cada unha
- revisa o total do teu consumo de datos no teu teléfono. Debes levar a conta cada mes pero terás a información dos datos que levas consumidos (ollo, neste caso inclúense os MMS que envíes e recibas e ese consumo non o incluímos na túa factura)

queres contratar R?

chámanos de balde:

881 304 130

luns a venres de 9-21h.
sábados de 9-14h.

para os nosos clientes

descarga a app:

Apple StoreGoogle Play

ou chámanos:

se estás na casa 1449no estranxeiro:
+34 698 111 449
luns a venres de 9-22h.
sábados de 9-14h.
servizo técnico 24h/365.

Política de cookies

En nuestra web utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecerte un mejor servizo cuando vuelvas a visitarnos. Al navegar por nuestra web estás aceptando su uso. Encuentra aquí toda la información sobre nuestra política de cookies.

Acepto