chámanos GRATIS900 699 859
Mundo R
área cliente

900 699 859

Ordenador, ratón y planta

fixo

contestador

como podo activar o contestador avanzado do meu teléfono? e desactivalo?

para activar o teu contestador, descolga o teu teléfono e despois de escoitar ton, teclea *10#
para desactivarlo, descolga o teléfono e tras escoitar ton marca o seguinte código #10# e despois pulsa a tecla de chamada do teu teléfono.
podrás atopar máis información na páxina de web de clientes ou no manual de usuario.

como podo acceder ao meu contestador?

para acceder ao teu contestador, debes marcar o número 22277.
poderás encontrar máis información no manual de usuario.

as chamadas ao contestador teñen custo?

non. Podes consultar as mensaxes que teñas no teu contestador de forma gratuíta.

como me entero se teño mensaxes no meu contestador?

para saber se tes novas mensaxes de voz debes acceder ao contestador, marcando o 277. O contestador avanzado informarache se recibiches novas mensaxes de voz e reproduciraos automaticamente, indicando o día e a hora na que foron recibidas.

podo acceder ao meu contestador desde un teléfono distinto ao meu?

si. Primeiro marca o número 900 825 277. Despois de escoitar a locución marca a túa clave telefónica persoal. Finalmente introduce o número de teléfono seguido de almohadilla (#)para o que queiras escoitar as mensaxes despois de oír a locución: se é correcto, o contestador avanzado empezará a lerche as novas mensaxes de voz. Por seguridade para acceder ao teu buzón de voz dende calquera outro teléfono deberás ter cambiado previamente a clave que viña por defecto.se non sabes configurar a túa clave de acceso, explicámoscho no manual de usuario. lembra que esta chamada ao estar no estranxeiro si ten custo.

podo personalizar a mensaxe de benvida do meu contestador?

claro. A primeira vez que entres ao contestador ofrecerémosche a posibilidade de facelo, pero se non, sempre poderás facelo a través do menú de configuración. Poderás personalizar toda a mensaxe ou simplemente poñer o teu nome.
se queres aprender como facelo, indicámoscho no manual de usuario.

podo escoitar o meu contestador en galego?

si. O contestador de R pódese escoitar en castelán ou galego. Ti elixes. a primeira vez que entres ao contestador ofrecerémosche a posibilidade de elixir o idioma no que queres escoitalo, pero se non, sempre poderás facelo a través do menú de configuración se queres aprender como facelo, indicámoscho no manual de usuario.

cando estou a escoitar unha mensaxe, non me din quen ma deixou, hai algunha forma de que mo diga?

si deseas conocer esos datos, tienes 2 posibilidades:

  • mentres escoitas a mensaxe pulsa a tecla 5 para coñecer quen che deixou a mensaxe e a tecla 6 para saber a hora á que cho deixou.
  • configura o teu contestador para que por defecto te diga a persoa que che deixou a mensaxe e a hora. Explicámosche como no manual de usuario.

podo acceder vía web ás miñas mensaxes?

non, pero o que si podes facer é configurar o reenvío das mensaxes do buzón á túa dirección de correo electrónico. Isto pódelo configurar dende a web de clientes no apartado "configurar contestador voz e fax".
no manual de usuario explicámosche como facelo.

podo recibir faxes no contestador?

si, o contestador de R permíteche recibir faxes. Para lelos, podes facelo de 2 formas:

  • reenviar o fax a unha máquina de fax. Indícamosche como configurar a máquina de fax onde envialos no manual de usuario.
  • tamén os podes reenviar a un correo electrónico, configúrao na web de clientes.

non poden deixarme mensaxes no contestador, por que pode ser?

pode ser por 2 razóns:

  • que non teñas activado o contestador. Actívao co siguiente comando *10## e despois pulsa a tecla de chamada do teu teléfono.
  • tes o contestador cheo. Borra mensaxes antigas do teu contestador e xa poderás recibir novas mensaxes. Para borralas, debes pulsar a tecla 3 cando estás escoitando a mensaxe. Se necesitas máis información sobre o manexo desta funcionalidade, podes encontrar a información no manual de usuario.

para que serve o contrasinal do meu contestador?

o contrasinal do teu contestador é útil para acceder ao contestador dende outro teléfono como se indica na pregunta 5.

como podo configurar o contrasinal do meu contestador?

o contrasinal pódelo xerar directamente no contestador de voz seguindo os pasos explicados no manual de usuario ou ben podes facelo a través do centro de atención ao cliente de R (1449 se es cliente particular ou 1446 se es cliente de empresas).

non lembro o contrasinal do meu contestador e non podo entrar, como podo averigualo?

se queres podes xerar un contrasinal novo (indícase na pregunta anterior). Se non queres xerar unha novo, podes chamar ao 1449 se es cliente particular ou 1446 se es cliente de empresas e indicarémoscho.

como podo coñecer as funcionalidades do meu buzón?

accede ao teu contestador marcando o 277 e en cada menú, pulsando a tecla 0, indicarémosche as opcións que tes tamén poderás coñecer o funcionamento do buzón a través do manual de usuario.

queres contratar R?

chámanos de balde:

900 699 859

luns a venres de 9-21h.
sábados de 9-14h.

para os nosos clientes

descarga a app:

Apple StoreGoogle Play

ou chámanos:

se estás na casa 1449no estranxeiro:
+34 698 111 449
luns a venres de 9-22h.
sábados de 9-14h.
servizo técnico 24h/365.

Política de cookies

En nuestra web utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecerte un mejor servizo cuando vuelvas a visitarnos. Al navegar por nuestra web estás aceptando su uso. Encuentra aquí toda la información sobre nuestra política de cookies.

Acepto