Mundo-RMundo-R

OPPO A5 4G, con batería para cinco anos

Queres un teléfono con autonomía para todo un día, mesmo despois de cinco anos de uso? Toma nota do OPPO A5 4G.

Un teléfono con batería de gran capacidade de 6000 mAh que, ademais, incorpora tecnoloxía de carga rápida SuperVOOC de 45 W, capaz de recuperar gran parte da enerxía en poucos minutos. E que mantén a súa vida útil logo de centos de cargas.

Elegancia e resistencia

Canto ao seu aspecto, o OPPO A5 4G é elegante, accesible... e duradeiro.

Conta coa certificación IP65 e foi sometido a probas de resistencia de uso militar, o que garante unha altísima capacidade para facer fronte a golpes ou caídas.

Pantalla nítida e accesible

Na parte frontal do OPPO A5 4G destaca unha ampla pantallNa parte frontal do OPPO A5 4G destaca unha ampla pantalla LCD de 6,67 polgadas con resolución HD+ e frecuencia de actualización de 90 Hz.

O seu brillo máximo chega a 1000 nits, o que permite unha boa lexibilidade mesmo baixo a luz solar directa (axudada polo seu Modo Exterior). Por outra banda, grazas a Glove Touch podes manexala levando luvas ou fundas.

Con ampliación de RAM intelixente

Se falamos de rendemento, o OPPO A5 4G integra o procesador Qualcomm Snapdragon 6s Gen 1 (4G) e dispón de 4 GB + 128 GB de Ram e Rom. Se fai falla, aproveita o espazo de almacenamento non usado para ampliar a súa memoria e con iso o seu rendemento.

Todo isto execútase baixo Android 15 coa capa de personalización ColorOS 15, que achega fluidez e optimización enerxética. Sen esquecer que nun segundo plano está sempre o motor Trinity Engine.

Cámaras para múltiples usos

No apartado fotográfico, o OPPO A5 4G está equipado cun sistema de dobre cámara traseira composto por un sensor principal de 50 MP e un sensor de profundidade de 2 MP.

Na parte frontal, ofrece unha cámara de 5 MP para selfies e videochamadas.

Ambas as dúas cámaras contan con funcións de HDR e modo retrato asistido por IA.

Modo Ultra Volume

Hai moito ruído ao teu arredor? Sube o volume, aumenta a saída de son e alivia a tensión auditiva sen perderes calidade de audio.

págao a prazos con R

teño dúbidas sobre
ver todas