

OPPO A6 Pro 5G: pantalla AMOLED de alta fluidez
O OPPO A6 Prol integra unha pantalla AMOLED de 6,57 polgadas con resolución FHD+, pensada para ofrecer imaxes nítidas e cores vivas.
Entre as súas características máis relevantes destacan:
• taxa de refresco de ata 120 Hz
• brillo máximo de ata 1400 nits
Todo iso tradúcese nunha experiencia visual fluída, reforzada con Luminous Rendering Engine.
Rendemento e hardware
O OPPO A6 Pro está impulsado polo procesador MediaTek Dimensity 6300, acompañado por 8 GB de memoria RAM e 256 GB de almacenamento interno.
O sistema tamén incorpora tecnoloxías propias de optimización, como Trinity Engine, que busca mellorar a fluidez xeral e a multitarefa. E expansión intelixente de RAM.
O OPPO A6 Pro funciona con ColorOS 15, a capa personalizada de OPPO.
O sistema SuperCool VC garante rendemento, dispersando a calor e minimizando retardos. E durante moito tempo: o OPPO A6 Prol incorpora certificación de fluidez durante 60 meses.
Autonomía e carga rápida
Un dos piares do dispositivo é a súa batería de gran capacidade. Integra unha batería de 6500 mAh deseñada para ofrecer unha longa duración mesmo en usos intensivos.
A isto súmase a carga rápida SUPERVOOC de ata 80 W. En só 22 minutos xa dispoñerás da metade da carga e en 50 minutos terás carga completa.
Deseño e resistencia
Un dos aspectos máis salientables do OPPO A6 Prol é a súa construción robusta. O dispositivo conta con certificación IP69, o que implica unha alta resistencia tanto ao po como á auga.
Ademais, incorpora resistencia a golpes con estándares de grao militar, o que reforza a súa duración fronte a caídas e uso cotián.
E o seu deseño mantén un perfil ultrafino que equilibra solidez e ergonomía.
Sistema de cámaras
No apartado fotográfico, o OPPO A6 Pro aposta por unha configuración sinxela pero funcional:
• Cámara traseira principal de 50 MP
• Sensor monocromo de 2 MP
• Cámara frontal de 16 MP
O sistema inclúe múltiples funcións adicionais con IA para retocar fotos e vídeos. Alén de ser perfecto para realizar fotografías subacuáticas.
