

OPPO Reno 13 Pro: resistencia, conectividade e o máximo rendemento
OPPO pon toda a carne no asador co modelo Reno 13 Pro para conseguir que os seus smartphones sexan sinónimo de resistencia, conectividade e máximo rendemento. Unha garantía de que nunca che deixarán tirado se apostas por OPPO.
Resistencia e protección integral
OPPO está baixo o paraugas da certificación de resistencia IP69 fronte a auga e partículas de po. Os seus smartphones son sinónimo de calidade líder no sector.
O Reno 13 Pro superou as probas das certificacións IP69, IP68 e IP66. Soporta o contacto coa auga mesmo a altas temperaturas e presións. Non teñas medo: salpicaduras de auga quente a 80 °C, 30 minutos mergullado a 2 metros de profundidade na auga… todo é posible para o novo OPPO.
Batería de 5.800 mAh e carga rápida
Os números que ofrece o OPPO Reno 13 Pro son dos mellores do mercado. Coa súa nova batería de 5.800 mAh obterás máis de 2 días de uso continuado, ata 12,5 días en modo de espera, 15 horas xogando a crebacabezas e ata 5 anos de batería de longa duración.
E non acaba aí a cousa. A batería non será un problema: en 49 minutos poderás pasar do 1 ao 100 % de recarga coa tecnoloxía SUPERVOOCTM de 80 W. A carga rápida combínase cunha batería de gran tamaño para ofrecerche un gran rendemento todo o día e cargas rápidas que durante cinco anos non dará nin o máis mínimo signo de esgotamento.
Mellor conexión
A conexión é potente, estable e sen interrupcións con mala conectividade e mesmo ao xogar en pantalla horizontal. Unha enxeñosa combinación dunha antena envolvente de 360º e especial para xogos, que, xunto coa selección de rede intelixente, garante a diversión en todo momento.
60 meses de fluidez garantida
Ademais, as grandes memorias RAM e ROM do OPPO Reno 13 Prol evitan calquera problema de rendemento ou almacenamento. Ofrece unha memoria RAM de 12 GB e ROM de 512 GB, cun 20% máis de rendemento da CPU e un 60% da GPU. O consumo máximo da CPU é un 30% inferior ao doutros modelos iguais e un 55% o da GPU. OPPO ofréceche ata 60 meses de fluidez garantida.