

O Samsung Galaxy S25 Edge triunfa coa súa cámara de 200 MPx
O sistema de cámaras do Samsung Galaxy S25 Edge promete darche os teus mellores selfies, retratos... ou o que faga falta. Alberga unha cámara principal de 200 MPx que captura detalles de nitidez superior.
Grazas ao motor ProVisual Engine, a IA permite tamén un Zoom de Calidade Óptica 2x. E xerar reels será moi doado con Auto Trim.
Nos vídeos, Audio Eraser elimina o ruído de fondo non desexado.
Pantalla con brillo intelixente
No apartado visual, o Galaxy S25 Edge encandea cunha pantalla Dynamic AMOLED 2X de 6,7 polgadas.
A frecuencia de actualización Super Smooth de 120 Hz adáptase de maneira intelixente e incorpora funcións como Vision Booster para unha claridade excepcional en calquera condición de luz.
A elegancia da delgadeza
Por outra banda, o Samsung Galaxy S25 Edge presenta un deseño extraordinariamente elegante... e fino. O seu corpo ultradelgado, de só 5,8 mm de grosor, compleméntase cun marco de titanio e protección Glass Ceramic 2, o que garante unha resistencia duradeira.
Ademais, conta coa certificación IP68 de resistencia á auga e ao po.
Un potente procesador feito á medida para Galaxy
O rendemento está a cargo do potente procesador Snapdragon 8 Elite Mobile Platform, feito á medida para Galaxy.
Este chip apóiase en 12 GB de memoria RAM. Canto ao almacenamento, hai dúas opcións: 256 GB ou 512 GB.
O sistema operativo é Android 15 con One UI 7. E Knox Vault coida a privacidade dos teus datos.
Autonomía para un día enteiro
A batería é de 3900 mAh e ofrece un día completo de autonomía.
Soporta carga rápida con cable (25 W) e sen fíos (15 W).
A IA na túa man
O Samsung Galaxy S25 Edge integra funcións avanzadas de Galaxy AI, dende dispor de resumos personalizados a falar con Gemini sobre calquera cousa que vexas.
A renovada One UI 8 permite realizar as túas tarefas de forma rápida e sinxela. Con Now Bar, por exemplo, terás acceso directo a notificacións ou música.
