Samsung Jet 65 Pet

JET 65 PET GRIS

cor dispoñible

RESUMO

selecciona o tipo de pago

6

€/mes

IVE incl.

por 36 meses

* Esta promoción leva asociado un compromiso de permanencia no servizo de móbil de 24 meses. Se te das de baixa antes dos 24 meses terás unha penalización de 165,29€, prorrateables segundo o tempo restante de permanencia.

Mundo-RMundo-R

Samsung Jet 65 Pet, aspiradora sen cables con potencia e autonomía

Para que a túa limpeza sexa perfecta e nunca teñas que pensar en se a aspiradora está cargada ou non, Samsung preséntanos o seu novo modelo sen cables Jet 65 Pet coa que terás potencia, o mellor rendemento e a máxima autonomía sen a eterna molestia do cable.

Rendemento de limpeza máis avanzado

Samsung proponse que poidas limpar varios tipos de chan de forma eficaz. Todo grazas á súa aspiradora sen cables, lixeira e potente Jet 65 Pet.

A tecnoloxía Motor Dixital Inverter, coa que vén equipada, xera unha potencia de succión de ata 150AW. O deseño aerodinámico do sistema de aire tamén optimiza o seu fluxo, mentres que a filtración de aire multiciclónica atrapa as partículas máis finas de po.

Succión excepcional con Jet Cyclone

A mellor tecnoloxía da man de Samsung. A Jet 65 Pet fará que goces dun aire máis limpo e dunha potencia de succión extrema durante máis tempo. Isto vén grazas á estrutura multiciclónica de alta eficiencia do sistema Jet Cyclone.

As 27 entradas de aire de Jet Cyclone da Jet 65 Pet crean un roteiro de aire óptima, minimizando así a perda de succión. Tamén separa hixienicamente as partículas finas de po do aire.

Ata 40 minutos de limpeza

A aspiradora sen cables Jet 65 Pet permitirache limpar toda a túa casa dunha atacada, terás ata 40 minutos sen interrupcións utilizando unha soa batería. Samsung fai que conserves o 70% do seu rendemento orixinal ata 500 ciclos. Non quedes á metade nunca!

Comodidade ata na súa limpeza

Poderás lavar a propia Jet 65 Pet con auga sen preocupacións. Tanto o seu depósito de po como o sistema multiciclón son resistentes á auga, polo que podes lavalos sen preocupacións. Ademais, podes separar todas as súas pezas para que sexa moito máis fácil de limpar.

Despois da limpeza, seca completamente o filtro de po fino deixándoo máis de 24 horas á sombra antes de usalo de novo.

págao a prazos con R

teño dúbidas sobre
ver todas

Necesitas axuda coa túa contratación?

Sentímolo, nestes momentos o noso equipo non está dispoñible. elixe unha hora para que te chamemos en canto esteamos de volta.

De luns a venres de 9 a 21h e sábados de 9 a 14h.