Samsung Galaxy A16 5G

GALAXY A16 5G NEGRO 128GB

cor dispoñible

RESUMO

oferta

selecciona o tipo de pago

3

€/mes

IVE incl.

por 36 meses

pagamento final:

89€

se o devolves:

0€

contrata o teu seguro por

primeiro mes gratis e impostos incluídos

* Esta promoción leva asociado un compromiso de permanencia no servizo de móbil de 24 meses. Se te das de baixa antes dos 24 meses terás unha penalización de 165,29€, prorrateables segundo o tempo restante de permanencia.

especificacións

Sistema

Android 15

Exynos 1330 (Octa-Core)

SIM 1 + Hybrid (SIM or MicroSD)

Batería 5.000 mAh

Conectividad

WiFi 5

NFC

Bluetooth v5.3

Cámara

Cámara principal 50 MPX + 5 MP + 2 MP

Cámara frontal 13 Mpx

Pantalla

6,7'' pulgadas

Super AMOLED

2340 x 1080

Memoria

Memoria RAM 4GB

Memoria Interna 128GB

Medidas

200 gramos

164,4 mm alto

77,9 mm amplo

7,9 mm espesor

Mundo-RMundo-R

Samsung Galaxy A16 5G, sempre actualizado

O teu novo Samsung Galaxy A16 5G durarache moito máis tempo, grazas aos seis anos de actualizacións do sistema operativo e de seguridade que terás. Esa é unha das novidades, pero hai máis, como un deseño máis delgado, unha pantalla grande de 6,7 polgadas, unha tripla cámara ou unha batería de longa duración.

Gran pantalla inmersiva

Co Samsung Galaxy A16 5G gozarás aínda máis dos teus contidos no móbil, grazas á súa gran pantalla de 6,7 polgadas que che ofrece unha experiencia inmersiva. Ademais, a calidade de imaxe e as cores vivas están garantidas pola tecnoloxía Super AMOLED e a resolución FHD+ (1080 x 2340).

E todo isto nun móbil delgado, de só 7,9 mm de grosor, que resiste á auga e ao po con protección IP54.

Tripla cámara

O sistema de tres cámaras do Samsung Galaxy A16 permitirache capturar imaxes nítidas e brillantes, mesmo en contornas de pouca luz. Así é a súa tripla cámara:

  • Cámara principal de 50 MPX: autofocus, zoom dixital 10x.
  • Cámara ultra grande angular de 5 MPX para capturar paisaxes e panorámicas.
  • Cámara macro de 2 MPX para os detalles.

E coa cámara frontal de 13 MPX conseguirás selfis de maior calidade e nitidez.

A capacidade de almacenamento para gardar todas as túas fotos e vídeos é de 128GB.

Batería duradeira e 6 actualizacións

Ter sempre actualizado o teu teléfono é garantía de seguridade e de que sempre dispoñas das últimas novidades do sistema operativo Android. O Galaxy A16 ofréceche ata 6 actualizacións, polo que che durará moito máis.

Como a súa batería de 5.000 mAh que che dará para máis dun día de autonomía. E dispón dunha Carga Súper Rápida para que volvas telo ao 100% nun dicir amén.

Se falamos de rendemento, terás unha experiencia fluída navegando por internet, xogando ou movéndote polas túas apps favoritas, grazas ao potente procesador octa-core, 4GB de RAM, Android 15 e conectividade 5G.

Ademais, o Samsung Galaxy A16 conta con tecnoloxía NFC para os teus pagos co móbil.

págao a prazos con R

teño dúbidas sobre
ver todas

Necesitas axuda coa túa contratación?

Chamámoste

De luns a venres de 9 a 21h e sábados de 9 a 14h.