Para contratar unha multiSIM podes chamar ao 1449 se es un cliente particular ou ao 1446 se es de empresa ou achegarte a calquera das
nosas tendas e solicitala.
Co servizo multiSIM poderás ter ata 3 tarxetas co mesmo número (incluíndo a tarxeta que xa posúes), é dicir, a liña principal e dúas liñas adicionais co mesmo número.
Sempre que necesites ter 2 ou máis móbiles en sitios diferentes, é recomendable que uses unha tarxeta multiSIM. Por exemplo, se queres ter no coche sempre unha tarxeta para non ter que conectar o móbil a un sistema bluetooth, a tarxeta multiSIM é a mellor solución.
A venda ou financiamento dun terminal en R faise por número de teléfono, non por tarxeta, polo que, pero sempre poderás utilizar outro móbil que teñas nas liñas adicionais multiSIM.
No momento que recibas unha chamada, todas as tarxetas multiSIM que teñas conectadas e con cobertura, soarán simultaneamente e ti poderás contestar á chamada dende calquera delas. Unha vez que contestases a chamada dende unha tarxeta, as demais deixarán de soar.
Si, claro. Podes configurar o comportamento da multiSIM na
web de clientes seleccionando a opción servizos de cliente > configurar móbil
R > configurar liña ECO.
Si, claro. Na xanela de configuración do servizo multiISM podes dicir se queres que as chamadas entrantes soen en todos os terminais, só na liña principal ou só nas liñas adicionais.
Si. Podes configurar o comportamento das chamadas saíntes desde as liñas adicionais. Por defecto presentarase sempre o número de teléfono da liña principal, pero podes cambialo para que se presente como número oculto ou anónimo.
Ocorre o mesmo que se non tiveses tarxetas multiSIM, é dicir, a chamada desvíase á caixa de correos de voz se o tes activo ou terás un aviso de chamada perdida na túa liña principal. Ademais, podes configurar o comportamento do desvío á caixa de correos na web de configuración do servizo.
A acción realizada só afecta á tarxeta sobre a que a fixeches, é dicir, a tarxeta onde rexeitaches a chamada deixa de soar, pero as outras tarxetas multiSIM seguen soando por se outra persoa quere coller a chamada nalgunha delas.
No caso de que recibas unha chamada mentres estás a contestar outra, o resto das túas tarxetas soarán coma se estiveses libre e ti decidirás se queres contestar a nova chamada ou continuar coa que estabas a atender.
É o funcionamento do servizo. Realmente ti recibiches unha chamada nun teléfono que non contestaches e por iso aparece o aviso da chamada.
Si, o contestador avanzado é compartido por todas as tarxetas, así que, se chamas ao número do contestador dende calquera tarxeta, accederás ás túas mensaxes.
Si, o contestador avanzado é compartido por todas as tarxetas, así que, se chamas ao número do contestador dende calquera tarxeta, accederás ás túas mensaxes.
É así, sempre se dá o ton de dispoñible. Como tes varias tarxetas, para tratar de localizar algunha, sempre se realizan as chamadas desde o número que che chama ata a túa liña principal e as multiSIMs. Como as chamadas están a realizarse aínda que teñas as tarxetas apagadas, a persoa que che chama escoita ese intento de chamada coma se a liña estivese dispoñible.
se as tarxetas están apagadas, despois recibirás un aviso de chamada perdida ou saltará a caixa de correos segundo o teñas configurado.
help.movil.multi_sim.1.16.answer
As tarxetas multiSIM só teñen a característica de ter o mesmo número de teléfono para que poidas recibir e enviar chamadas dende elas. Se desexas ter a túa axenda de contactos nesas tarxetas, deberás facer a copia dos teus contactos de forma manual. Podes miralo
manual de copia de contactos para realizar o proceso.
A persoa que recibe a chamada verá sempre o teu número de teléfono, independentemente de que a fagas coa túa tarxeta normal ou coa túa tarxeta multiSIM.
Non, non é posible. Para nós é coma se tiveses un único número, así que só podes ter unha tarifa e debe ser a mesma para todas as tarxetas.
De momento no es posible utilizar las tarjetas multiSIM en el extranjero. Si te funcionará la línea principal pero no así las tarjetas adicionales.
De momento non é posible utilizar as tarxetas multiSIM no estranxeiro. Si che funcionará a liña principal pero non así as tarxetas adicionais.
De momento non é posible enviar ou recibir mensaxes desde as tarxetas multiSIM. As tarxetas multiSIM só son válidas para enviar ou recibir chamadas en España.
As tarxetas multiSIM non poden recibir mensaxes, polo que non podes recibir os avisos de mensaxes no contestador avanzado. Recibirás o aviso na túa tarxeta principal e logo poderás acceder ao contestador dende calquera tarxeta.
De momento non é posible navegar por internet ou recibir correo no móbil usando as tarxetas multiSIM. As tarxetas multiSIM só son válidas para enviar ou recibir chamadas en España.
Para nós é coma se tiveses unha única liña, así que todos os consumos que fagas desde as tarxetas multiSIM suman para determinar se superaches o saldo ou a alarma que estableceses no servizo de control de saldo.
Para nós é coma se tiveses unha única liña, así que se pos unha restrición sobre ese número, todas as tarxetas multiSIM se verán afectadas pola restrición.