Mundo-RMundo-R

Nintendo Switch Neon: tres consolas nunha cunha batería extralarga

A versatilidade da Nintendo Switch Neon chega á súa forma de uso. Podes utilizala de tres modos diferentes, o que a converte nunha das consolas máis versátiles.

O primeiro é o modo televisor, para o que só terás que conectala á tele e usar os Joy-Con. O segundo é o modo sobremesa, que che permitirá xogar acompañado usando os Joy-Con. E por último o modo normal, co que poderás xogar ti só e onde queiras.

Ningunha partida a medias na Switch Neon

Nintendo subiu un nivel máis na duración da batería da Switch Neon. Ata 9 horas de xogo continuado. Todo un luxo para non deixar a medias calquera partida.

Ademais, a memoria da túa Nintendo non será un problema, xa que ten conta con 32 GB de memoria NAND. Poderás ampliar facilmente a capacidade de almacenamento usando tarxetas microSDXC. E completa a súa capacidade cunha memoria RAM 4GB.

Mandos que se adaptan na Switch Neon

A experiencia para Nintendo é o principal. E para iso a vibración dos Joy-Con da Switch Neon durante os xogos permitirache identificar mellor os movementos.

Cada partida será unha experiencia de xogo envolvente. O Joy-Con dereito conta cunha cámara infravermella de movemento que permite ata recoñecer a forma das mans dos xogadores.

Nova vida para os controis da Nintendo

As posibilidades dos mandos da Nintendo Switch Neon son moi variados, xa que podes xogar cun control ou dous, en vertical ou en horizontal, con control por movemento ou cos botóns… A experiencia de xogo está baseada na versatilidade.

Grazas a Joy-Con, a Switch Neon ofréceche total flexibilidade á hora de xogar. Os xogos cobran vida grazas aos controis por movemento, fáciles e modernos coa súa sofisticada función de vibración HD.

Por último, o armazón para controis Joy-Con que inclúe a Nintendo Switche Neon transforma ambos os Joy-Con en un control de estilo tradicional. Segundo o tipo de xogo, poderás usar un Joy-Con en cada man ou compartir un deles cun amigo.

págao a prazos con R

teño dúbidas sobre
ver todas