Ordenador, ratón y planta

móbil

internet móbil

que pasa cando chego ao límite do plan de datos que teño contratado?

cando alcanzas o límite do bono de datos, de forma automática esténdese o bono en 200MB con custo (a primeira vez que isto sucede, avisámoste e non se cobra). Se volves superar estes 200MB, amplíase de novo noutros 200MB. Así ata un máximo de 3 veces segundo o custo indicado en tarifas.mundo-R.com.
tamén podes solicitar que por defecto se reduza automaticamente a velocidade unha vez que superas o teu bono de datos.

pódese desactivar a ampliación automática de datos?

si, aínda que esta é a modalidade por defecto, podes desactivala e seguir na mesma modalidade que antes. É dicir, redúcese a velocidade cando se esgota o bono de datos. Este cambio de modalidade poderase realizar dende a web de clientes ou dende a app de R sen ningún custo.
como che indicamos, unha vez superado o límite de datos contratados, a velocidade de navegación redúcese.
ao ter unha velocidade máis reducida e compartir a rede con máis clientes, é posible que páxinas cun volume importante de datos (que inclúan moitas fotos, por exemplo) tarden moito en cargar e teñas a impresión de que non podes navegar.
a nosa recomendación é que contrates un novo plan de datos cun volume maior incluído, pero se non o desexas, suxerímosche que trates de conectarte en horas nas que o volume de clientes conectados á vez sexa inferior ou ben, a páxinas dun tamaño menor.

se teño a opción de non aumentar datos de forma automática e alcanzo o límite contratado, podo ampliar puntualmente o bono de datos?

si. Se non tes activada a ampliación automática poderás aumentar manualmente o teu plan de datos. As opcións son de 100MB ou de 500MB segundo os prezos indicados en tarifas.mundo-R.com. Tes un máximo de 5 ampliacións en cada factura.

como podo saber cantos megas levo descargados?

tes a información na sección “consumo dende a última factura” na web de clientes.

ao reducirse a velocidade, algunhas veces podo navegar e outras non, por que?

como che indicamos, unha vez superado o límite de datos contratados, a velocidade de navegación redúcese.
ao ter unha velocidade máis reducida e compartir a rede con máis clientes, é posible que páxinas cun volume importante de datos (que inclúan moitas fotos, por exemplo) tarden moito en cargar e teñas a impresión de que non podes navegar. Non obstante, outras accións como mandar textos en whatsapp pódelas facer sen problema.
a nosa recomendación é que contrates un novo plan con máis datos pero, se non o desexas, suxerímosche que trates de conectarche en horas con menos clientes conectados á vez ou ben que accedas a webs de tamaño menor (sen imaxes ou vídeos).

cobertura móbil

como podo saber o nivel de cobertura que hai na miña cidade?

na nosa web ppoderás comprobar facilmente a cobertura 2G e 3G en calquera lugar, simplemente indicando a cidade, concello ou lugar desexado.

que pode afectar á velocidade de datos?

hai varias cousas que poden afectan á velocidade de datos, pero os máis importantes son:
- cobertura e interferencias: a velocidade de datos, tanto en suba coma en baixada depende do nivel de cobertura no lugar dende o que che conectes. A mellor cobertura en xeral maior velocidade. Non obstante hai outras circunstancias que poden influír como as interferencias producidas por outras antenas próximas
- grandes concentracións de usuarios: a antena distribúe a súa capacidade entre os distintos usuarios aos que atende ofrecendo en xeral velocidades máximas ou próximas ao máximo a todos eles. Non obstante, en grandes concentracións de usuarios como por exemplo eventos deportivos, concertos, etc. pode acontecer que o volume de conexións conxestione a antena e, como consecuencia, a velocidade de boa parte dos usuarios se vexa reducida
- consumo de datos excede o máximo: para as tarifas cun volume determinado de datos á máxima velocidade posible, cando o devandito volume se supera, a velocidade de datos redúcese aos niveis especificados en cada tarifa. Podes consultar os datos incluídos na túa tarifa na nosa web.
- conxestión en internet ou nos servidores destino: en ocasións as redes IP que xestionan o tráfico de internet, xa sexa o tramo de rede Orange ou redes externas, poden presentar situacións de conxestión que afecten á velocidade de datos. Esta situación pódese dar tamén no servidor destino co que nos queremos comunicar, afectando igualmente á velocidade de navegación real
por todo isto, aínda que intentamos que sempre teñas a maior velocidade posible, é imposible asegurala. Lembra que dispós dun período de proba para probar o teu móbilR e asegurarte de dispoñer da mellor cobertura e velocidade.

4G

podo saber a cobertura 4G que me ofrece R?

Claro. Na nosa web poderás ver toda a cobertura móbil 4G. E tamén a 3G e 2G. ¡Solo faltaría! En todo caso, tendría acceso al servicio el 95% de la población gallega. Suena bien, ¿verdad?

como podo acceder ao servizo 4G?

para poder acceder ao servizo de 4G, debes cumprir os seguintes requisitos e na orde que chos indicamos:
- cambiarte á nova rede de móbilR.
- ter unha das tarifas 4G que lanzamos en R.
- ter un terminal compatible coa rede 4G.
- poñer no teu terminal que se conecte á rede 4G.

como lle indico ao meu terminal que se conecte á rede 4G?

entra en guiasmobilr.mundo-r.com, escolle o teu terminal e entra no titorial "modo de rede".
sigue os pasos que che indicamos e se o teu terminal soporta o servizo 4G, poderás indicarlle que se conecte a esa rede.

como podo saber se o meu terminal soporta a rede 4G?

para saber se o teu terminal soporta a rede 4G, indicámosche a continuación como velo:
- se tes un iphone 5 ou posterior o teu terminal é compatible.
- se tes un terminal android, entra en Axustes > Máis > Redes móviles > Tipo de rede preferido. Se temos LTE ou 4G, o noso terminal debería ter a posibilidade de operar en 4G.

podo navegar en 4G se estou no estranxeiro?

en R temos acordo a día de hoxe para desfrutar de 4G en moitos países arredor do mundo. Naqueles países onde non haxa redes 4G ou ben onde non teñamos acordo, contas co servizo 3G.

control de saldo

como podo contratar o control de saldo?

poderás contratar o servizo vía web: entra na sección de configuración do teu móbilR e escolle a opción de "control de saldo".
Sse tes dúbidas, podes chamar ao 1449 se es un cliente particular ou ao 1446 se es de empresas.

cando comeza a contar o límite de saldo?

como recibo as alarmas de saldo superado?

sempre as recibirás no teu móbil vía SMS (co que lembra que ten un custe). Se o desexas, tamén podes recibir de forma complementaria unha alarma no teu correo.

que teño que poñer vía sms para recibir unha alarma ou consultar o meu saldo?

estes son os comandos que tes que enviar ao 22111 segundo o que necesites:
- activar/modificar saldo sobre a miña liña: SALDO [valor do saldo]
- activar/modificar saldo sobre outra liña móbil: SALDO [valor do saldo] [nº teléfono]
- desactivar saldo sobre a miña liñaa: SALDO OFF
- desactivar saldo sobre outra liña móbil: SALDO OFF [nº teléfono]
- activar/modificar alarma sobre a miña liña: ALARMA [valor da alarma]
- activar/modificar alarma sobre outra liña móbil: ALARMA [valor da alarma] [nº teléfono]
- desactivar alarma sobre a miña liña: ALARMA OFF
- desactivar alarma sobre outra liña móbil: ALARMA OFF [nº teléfono]
- consulta saldo sobre a miña liña: SALDO

¿que funcionalidades me permite o servizo?

co servizo de control de saldo terás as seguintes opcións:
- establecer límites no consumo da túa liña móbil
- establecer unha alarma para que che avise ao chegar a un determinado nivel de consumo (esta alarma pode ser vía mensaxe curta ou correo electrónico)
- consultar o teu saldo en calquera momento do mes
- reactivar o servizo se superaches o límite establecido e necesitas seguir utilizando o teu móbil

que tipo de límites podo establecer no meu consumo?

poderás establecer 3 tipos de límites:
- límite global no teu consumo: Estableces un límite ao consumo total da túa liña. Ao alcanzar ese límite, restrínxese o servizo global (voz, mensaxes e datos)
- límite de voz e mensaxes: estableces un límite ao consumo de voz e mensaxes da túa liña. Ao alcanzar ese límite, restrínxese o servizo de voz e mensaxes (curtos e multimedia)
- límite de datos: estableces un límite ao consumo de datos da túa liña. Ao alcanzar ese límite, restrínxese o servizo de datos e de mensaxes multimedia

o servizo de control de saldo córtame ao chegar exactamente ao límite fixado?

non, non che corta exactamente no valor que fixaras. Hai 3 restricións no servizo:
- o servizo ten unha marxe dunha hora (excepto nos consumos en roaming ou consumos de datos se non tes un plan de internet móbil contratado, onde a marxe é dun día) para calcular o teu consumo e polo tanto ver se superaches so límite establecido. Se xusto nese intervalo superas o límite, o teu consumo final pode ser algo maior do límite establecido
- chamadas de longa duración. O servizo non corta unha chamada de voz activa, é dicir, se estás a facer unha chamada, deixámosche finalizala, así que se ao finalizala superaches o límite, cortaremos o servizo, pero o consumo desta última chamada aparecerá na túa factura
- datos: se non tes un plan de internet móbil contratado, os teus consumos de datos tarifícanse unha vez o día, polo que, aínda que superaras o límite, se ao final do día hai algunha sesión de datos que realizaras antes de que se activase o control de saldo, ese consumo quedará reflectido na túa factura

que consumos se contan no servizo de control de saldo?

neste servizo téñense en conta todos os teus consumos de chamadas, mensaxes e datos, xa sexa nacionais, internacionais, roaming, sms premium, números favoritos, chamadas R con R, etc. O que non se ten en conta é as cotas que pagues por algún módulo ou plans que teñas contratados, por exemplo, as cotas dos plans de datos.

que consumos non están incluídos no servizo de control de saldo?

os consumos que non están incluídos no control de saldo son os seguintes:
- IVE: o límite de saldo que establezas será sen IVE, así que na túa factura, aparecerá reflectida esa cantidade máis o IVE
- chamadas de longa duración. O servizo non corta unha chamada de voz activa, é dicir, se estás a facer unha chamada, deixámoste finalizala, así que se ao finalizala superaches o límite, cortarémosche o servizo, pero o consumo desta última chamada aparecerá na túa factura
- datos: se non tes un plan de internet móbil contratado, os teus consumos de datos tarifícanse unha vez ao día, polo que, aínda que superaras o límite, se ao final do día hai algunha sesión de datos que realizaras antes de que se activase control de saldo, ese consumo quedará reflectido na túa factura
- cotas: as cotas que pagues por algún módulo ou plans que teñas contratados, por exemplo, as cotas dos plans de datos, cotas de favoritos, etc
- recepción de SMS Premium: se estás subscrito a algún servizo de recepción de mensaxes con custo (alertas, descargas, etc), seguirás recibíndoos e polo tanto, este importe incluirase na túa factura mensual
- os consumos anteriores á activación do servizo: se antes de activar o control parenteral xa realizaches algunha chamada, enviado mensaxes, etc, eses consumos non se terán en conta para calcular o límite que fixases

o IVE está incluído?

non, o servizo só conta o consumo sen IVE, polo que recorda que o valor que poñas de límite ou alarma tamén será sen IVE.

o consumos súmase por cada liña ou englóbanse todos os consumos dunha conta no servizo de control de saldo?

o servizo de control de saldo funciona por liña. Non é posible establecer un límite global para todos os números da túa conta, é dicir, se queres controlar todas as liñas da túa conta, tes que poñerlles un límite a cada unha delas e cada unha delas, de forma individual, irá sumando consumos ata alcanzar o límite ou non.

que acontece se establezo un límite de saldo e o supero?

se estableciches un límite e o superas, automaticamente cortaráseche o servizo. Unicamente poderás chamar aos números gratuítos e de emerxencia.
aínda que teñas módulos de aforro como números 0.0, bonos de chamadas a fixos, bonos a números da túa conta, VPN, etc non poderás chamalos. Eses son números con custo sobre os que tes un bono.
números gratuítos son unicamente os números de atención ao cliente (1445, 1446, 1449) e os números 900x.
unha vez superado o límite, só poderás chamar a eses números gratuítos ou a números de emerxencia

como me decato de que se me cortou o servizo por superar o saldo?

enviarémosche unha mensaxe curta gratuíta ao teu móbil se superaches o saldo e se che vai restrinxir o servizo

unha vez que se restrinxiu á miña liña por superar o límite de consumo, cando recupero outra vez as funcionalidades da miña liña?

tes 2 opcións para recuperar as funcionalidades da túa liña unha vez que alcances o límite de consumo establecido e se che restrinxa a liña:
- automaticamente, o teu servizo de telefonía móbil reactivarase ao iniciar un novo ciclo de facturación (22 de cada mes en particulares e negocios)
- podes reactivar a túa liña aumentado o saldo da túa liña en calquera momento a través da web de clientes

podo cambiar os valores que fixei durante o mes ou teño que esperar a que finalice?

podes cambiar os valores dos teus límites tantas veces como queiras durante o mes. Se tratas de establecer un límite por debaixo do consumo que leves ese mes avisarémosche do erro, pero se non, poderás poñer os novos valores cando o creas conveniente

eu non quero perder o servizo ao alcanzar o saldo, só quero ser avisado ao alcanzalo, ¿podo facelo?

o servizo de control de saldo ten custo?

darte de alta no servizo non ten custo, pero si o teñen algunhas das opcións do servizo, como a recepción de alarmas, consulta de saldo, etc.

tratei de darme de alta no servizo e non o atopo na web de clientes?

se non o atopas probablemente sexa porque non tes permisos para xestionar o servizo. Dille ao titular da túa conta que che dea permisos na web sobre a liña móbil e xa o poderás contratar.

Política de cookies

En nuestra web utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecerte un mejor servizo cuando vuelvas a visitarnos. Al navegar por nuestra web estás aceptando su uso. Encuentra aquí toda la información sobre nuestra política de cookies.

Acepto